CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A científica social e política Fátima Anllo dará unha charla no colexio Pablo VI-Fátima da Rúa polo 8M

É a directora do Proxecto Transmedia ao que se une o Departamento de Lingua do centro escolar

Fátima Anllo Vento./ Foto cedida.

 

Este ano o colexio San Pablo VI-Fátima da Rúa adicará o Día Innternacional da Muller, 8M, “ás numerosas mulleres que ao longo da historia optaron por utilizar pseudónimos masculinos no ámbito literario, enfrontándose ás limitacións impostas polas normas de xénero”, adiantan dende o centro, destacando como exemplo o das irmás Brontë, quen inicialmente publicaron baixo os nomes de Currer, Ellis e Acton Bell. “George Sand, escritora francesa do século XIX, tamén adoptou un nome masculino para superar as barreiras de xénero na literatura”, engaden, asegurando que estas eleccións reflexan a “loita polo recoñecemento e a igualdade nun contexto cultural que a miúdo menosprezaba a contribución feminina ao mundo das letras”.

Para iso, o Departamento de Lingua do centro escolar únese ao Proxecto Transmedia para a promoción de obras escritas por mulleres de Clásicas e Modernas, asociación para a igualdade de mulleres e homes na cultura, que pretende difundir a vida e obra de escritoras españolas e promover a lectura das súas obras mediante a creación de contidos e experiencias en soportes diversos, que permitan chegar a públicos máis amplos.

“Transmedia é un proceso narrativo baseado no fraccionamento intencionado do contido e a súa diseminación a través de múltiples plataformas, soportes e canles, co fin de que cada medio conte unha parte específica e complementaria a historia”, explican dende o Pablo VI, asegurando que a construción fragmentada dunha mesma narrativa sobre distintos soportes e medios “favorece transitar entre eles e aumenta as oportunidades de entrar en contacto cos diversos planos da vida e obra das autoras”.

A directora do proxecto é Fátima Anllo Vento, doutora en socioloxía e antropoloxía; investigadora e xestora cultural; experta en políticas culturais e de igualdade, ademais de ex presidenta de Clásicas e Modernas que proporcionará, a través dunha charla coloquio, as claves da iniciativa.

Científica social e política, Fátima é unha das pioneiras da xestión e a investigación cultural en España. O seu traballo desenvólvese no territorio onde a creación atópase coa realidade social, as prácticas e as políticas que as enmarcan e achegarase ata o Pablo VI-Fátima o vindeiro vernes 8 de marzo.

Artigos relacionados

Back to top button