CulturaCulturaÚltima hora

A mostra fotográfica “O Fin do Camiño”, en Quiroga ata o 5 de abril

Esta mañá tiña lugar o acto inaugural desta exposición na sala de exposición da Casa da Cultura desta vila

 

É “unha exposición pensada nos peregrinos e para os peregrinos, unha visión desde fóra do fenómeno da peregrinación e de cal é o fin e o motor que move aos peregrinos desde hai máis de mil anos a camiñar a Compostela”. Con estas palabra se refería o presidente do colectivo Egeria, Xulio Xiz, á mostra itinerante “O Fin do Camiño”, que se inauguraba esta mañá na sala de exposicións da Casa da Cultura de Quiroga, onde poderá visitarse ata o 5 de abril.

A este acto asistían, entre outras persoas, o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, quen sinalaba que esta proposta cultural “dá a posibilidade de encher e dinamizar aqueles pobos que apostaron polo Camiño de Inverno”.

Trátase dunha iniciativa do colectivo Egeria (asociación creada en Lugo co obxetivo de promover e difundir a Cultura Galega dentro e fóra das nosas fronteiras) na que se recollen imaxes dos fotógrafos Eduardo Ochoa e Carlos Puga.

 

 

A exposición está composta por dez grandes paneis dobres que complementan ás fotografías con textos en galego, castelán e inglés reflectindo as distintas visións e sentimentos que levan aos peregrinos a emprender o Camiño a Compostela. Así mesmo a través desta obra pode coñecerse a procedencia dos peregrinos chegados de lonxe, aspectos como a multitude e a soidade que ambos teñen cabida no Camiño.

Esta iniciativa conta co patrocinio da Xunta de Galicia, a través do programa O Teu Xacobeo e “da outra visión dos camiños, dos camiñantes e de todo o fenómeno Xacobeo”, segundo dixo a xefa da área provincial de Turismo, Paloma Vázquez.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button