EconomíaEconomíaÚltima hora

A nova facturación electrónica e as súas implicacións, obxecto dunha xornada de AEVA

Unhas 40 persoas asistían a esta sesión formativa que se desenvolvía na tarde deste 8 de abril na Casa Grande Viloira (O Barco)

 

As novas obrigas na facturación, a factura electrónica, as implicacións xurídicas e os regulamentos ligados a ela, requisitos como o código QR ou os prazos de implantación. Son algúns dos aspectos que se abordaban no decurso da acción formativa “Factura electrónica: Novas formas de facturación. Novas tecnoloxías e lei crea e crece”, organizada pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA) na tarde deste 8 de abril na Casa Grande de Viloira (O Barco).

Esta actividade, no que participaban unhas 40 persoas, abríaa a presidenta de AEVA, Araceli Fernández, ás 16h. “Trátase de coñecer que é unha factura electrónica, que implica, por que se debe facer, cando vai ser obrigatorio e todo o que supón o feito de levala a cabo. Todo isto vai unido a unha serie de avances ou de necesidades tecnolóxicas. Espero esta sesión nos resulte útil a todos “, explicaba, antes de dar paso aos dous relatores da xornada,  Gerardo Portugués e Jaime López, expertos do Grupo Solitium.

 

 

O primeiro en tomar a palabra era Jaime López, quen se centraba no antecedente da factura electrónica. Indicaba que hai dúas normas relacionadas con ela: a Lei antifraude do 2021 e Lei “crea y crece” . “Se non cumprimos o criterio da lei antifraude, respecto a un software que non permita alterar as facturas, etc, non podemos acudir á factura electrónica”, apuntaba López. Ademais comentaba que publicáronse esas lei, pero “demorouse moito a publicación do regulamento para que entraran en vigor esas dúas leis na parte do que é o software. De feito, empezamos a ter datas, e unha delas que será a entrada en vigor que é o 1 de xullo do 2025, de cara ao que é a lei antifraude”.

O relator indicía ademais en que “isto é unha obriga que afecta a todos os profesionais: ao empresario, ao autónomo e, por ende, ás xestorías e asesorías que realizan a facturación dos seus clientes ou que lle teñen que facilitar portais para que eses clientes poidan facturar. Isto vai afectar á nosa maneira de facturar e tamén aos regulamentos, tanto de facturación como de IVE”.

Pola súa banda, Gerardo Portugués centrábase no que é propiamente a factura electrónica, abordando cuestións como o seu funcionamento práctico e tecnolóxico, o seus requisitos ou o proceso de implantación.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button