ConcellosÚltima hora

As xornadas do proxecto europeo LVIN #C, nesta fin de semana en Río, Trives e Manzaneda

O obxectivo da iniciativa é abordar e coñecer as principais dificultades do territorio e ofrecer solucións

Vista da capitalidade de San Xoán de Río./ Cedida.

 

Na vindeira fin de semana (do 22 ao 24 de xuño) os concellos de San Xoán de Río, Manzaneda e Trives acollerán as xornadas do proxecto LVIN #C, Learning Villages #C International Network, cuxo obxectivo é coñecer as principais dificultades do territorio e ofrecer solucións.

Trátase dun proxecto europeo “no que se abarcarán as diferentes problemáticas rurais de Europa tales como o envellecemento da poboación, a despoboación e oabandono do patrimonio e recursos naturais, o aumento de risco de incendiosforestais e as súas consecuencias… Por iso é importante a unión de aldeas e territorios comprometidos coa causapara deter a despoboación e empoderar coa educación empresarial. Tres días nos que se desenvolverán direfentes actividades no territorio, concretamente, nos concellos de San Xoán de Río, A Pobra de Trives e Manzaneda, cunha ampla programación na que compartir coñecementos e problemáticas”, segundo informa o Concello de San Xoán de Río, organizador do evento.

Neste proxecto, coñecido como Rede internacional de Pobos que Aprenden, recibirase a visita de concellos de España, Portugal, Italia, Alemania, Grecia, Eslovaquia, Serbia e Romanía, que comparten un obxectivo común: compartir recursos educativos, oportunidades, principios e metodoloxías estratéxicas para o desenvolvemento rural e a dinamización cultural.

Xornadas Proxecto LVIN #C

Semana Internacional Learning Villages International Network Xornadas organizadas polo Concello de San Xoán de Río, Learning Villages e o programa europeo Erasmus+. Coa colaboración dos concellos de A Pobra de Trives e Manzaneda, a Deputación de Ourense, a Universidade de Estremadura, o Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo e a Asociación Río Mola.

Programa

Xoves 22
12:00 – Chegada a Trives e parada na Ponte Bibei.
13:00 – Experiencia de innovación no sector primario na adega A Corga(adegacorga.es).
14:00 – Comida na adega A Corga. Invitación.
15:30 – Experiencias do sector primario tradicional. Boas prácticas:
19:30 -Visita ao Castiñeiro de Pumbariños e a vila medieval de Manzaneda.
20:30 -Chegada ao hotel e fin da xornada.

Venres 23
Congreso Internacional – “Crise da xestión no espazo rural: incendios”
09:30 – Recepción en Santa Leonor, A Pobra de Trives.
09:45 – Presentación por parte de Dª Patricia Barja alcaldesa de A Pobra deTrives, Dº Xose Miguel Pérez alcalde de San Xoán de Río e Dº Martín Gómez-Ullate da universidade de Extremadura.
10:00 – “O papel do goberno na loita contra os incendios forestais”. DuarteMarques de Aguiarfloresta.
10:45 – “Prevención do lume en base ao combustible”. Ana Solares doLaboratorio de Enxeñaría Cartográfica da UVigo.
11:30 – Descanso e café.
12:00 – “Acercamento ao traballo dos profesionais na extinción do lume enGalicia”. Dº David Rodríguez , bombeiro forestal.
12:45 – “Experiencia do proxecto medioambiental Batefogo”.
Dº Miguel Pardellas – Da Feitoría Verde S.O.COOP Galega
14:00 – Comida en A Cantina do Catro.
16:15 – “Boas prácticas na prevención de incendios”.
Dº Marco Ribeiro – Raízes Independentes.
17:00 – “Recuperación de terras ardidas, o exemplo de Life Maronesa” Dº CarlosAguiar- Instituto Politécnico de Bragança.
18:00 – Peche do congreso.
19:00 – Cena en San Xoán de Río e celebración da festa tradicional da noite deSan Xoán.

Sábado 24
10:00 – Dos papeis vellos ás humanidades dixitais: a historia (por facer) de San Xoán de Río – Miguel García Fernández.
11:00 – Aldealista: App for rural towns – Juan Carlos Pérez (CEO).
12:00 – Ruta da Fraga – Mouruás. A Espada de Mouruás.
14:30 – Comida en San Xoán de Río. Invitación.
15:30 – Peche das xornadas e da Semana Internacional LVIN.

Artigos relacionados

Back to top button