En portadaÚltima hora

Campaña da DXT de control e vixilancia de velocidade na provincia de Ourense

 

“O factor exceso de velocidade ou velocidade inadecuada está presente en multitude de sinistros vías, xa sexa como causa única ou conxunta na produción do sinistro”. Esta era unha das principais mensaxes coa que esta mañá se poñía en marcha a campaña de control de vixilancia e velocidade que do 15 de abril ata o venres 21 de abril pon en marcha a Dirección Xeral de Tráfico (DXT).

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, estivo presente no control desta campaña na provincia de Ourense que foi realizado esta mañá no PK 248 da N-525 ao seu paso por Cambeo. Alí estivo acompañado polo xefe provincial de tráfico, David Llorente; e o tenente xefe accidental do subsector de Tráfico da Garda Civil en Ourense, Javier Barja. As estradas convencionais son as vías onde máis sinistros se producen e a N-525, precisamente, “é a máis insegura da provincia ata a implementación do radar de tramo na zona de O Viso, o cal erradicou a siniestralidade na zona. Un exemplo de que as medidas disuasorias alertan aos condutores”, sinalou o subdelegado.

Emilio González defendeu que “o obxectivo desta campaña é reducir a velocidade media, e contarase co apoio das policías locais para conseguir un maior alcance tamén nas estradas urbanas”. Así, o subdelegado lembrou que a “velocidade neste tipo de estradas é de 30 km/h e fixo un chamamento para que os condutores cumpran”. Para levar a cabo esta tarefa a policía local de Ourense contará durante este campaña cun vehículo con radar incorporado cedido pola DXT para facer seguimentos de velocidade.

Durante a súa intervención, Emilio González recordou que “os excesos de velocidade supoñen sete de cada dez sancións impostas nas estradas galegas”. No primeiro trimestre de 2024 na provincia de Ourense faleceron un total de 4 persoas, 30 accidentados graves motivados polos excesos de velocidade o que supón un terzo dos accidentes de tráfico.

O subdelegado informou tamén de que nos vindeiros meses se dará resposta a unha demanda histórica realizada polo Concello de Ourense para a reducción da siniestralidade n acidade coa instalación dun novo radar de Caixa fixa á entrada do barrio de Vistahermosa.

Mediante estes controis preténdese controlar o exceso de velocidade, que é a velocidade á que circulamos superior á permitida na vía cuestión (velocidade xenérica ou velocidade específica segundo sinalización).

En cambio, tamén é importante a velocidade inadecuada, a que aínda sendo legal non é a adecuada para circular en condicións climáticas adversas, tramos con obras, en mal estado ou con incidencias similares.

Artigos relacionados

Back to top button