EconomíaEconomíaÚltima hora

Charlas do Consello Regulador de Augardentes de Galicia no IES Vilamarín

A Asociación Galega de Barmen ten colaborado nas sesións con obradoiros de coctelería usando produtos de Oruxo de Galicia

 

Obradoiro de coctelería no IES Vilamarín.
Obradoiro de coctelería no IES Vilamarín.

 

O funcionamiento do Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia e as súas principais funcións á hora de garantir a calidade dos produtos amparados por estas indicacións xeográficas son algúns dos aspectos abordados nas charlas que este ente vén desenvolvendo en diferentes centros formativos de Galicia, entre eles o IES Vilamarín, na provincia de Ourense.

A primeira das sesións contaba coa presenza do presidente do consello regulador, José Antonio Feijoo, desenvolveuse en Oleiros e dirixíase aos alumnos do obradoiro de Aguardentes e Destilados. Coa finalidade de que os asistentes distinguisen as distintas variedades tanto de oruxos como de licores, fíxose unha cata comentada con produtos amparados por este órgano réctor.

A segunda das xornadas, que tiña lugar no IES Vilamarín na provincia de Ourense ante unha vintena de alumnos, complementábase cunha presentación da Asociación Galega de Barmen (AGABA) e con un showcooking de cócteis. No decurso desta charla a técnico de Oruxo de Galicia, Carmen Otero, orientaba aos participantes na sesión sobre os labores de control de calidade realizados dende o Consello Regulador co fin de garantir que os produtos amparados cumpran con todos os requisitos esixidos para aguardentes e licores. De seguido,  Guillermo González, membro da directiva de AGABA, ofrecía unha breve presentación desta asociación para logo amosar algúns orixinais cócteis nos que se empregan produtos amparados polo órgano réctor.

Charla impartida polo CR de Augardentes e Licores de Galicia no IES Vilamarín de Ourense.
Charla impartida polo CR de Augardentes e Licores de Galicia no IES Vilamarín de Ourense.

 

Impartíase ademais unha xornada semellante o pasado 6 de febreiro no Obradoiro de Emprego Terras do Miñor, en Panxón. Dende o Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia destácase que durante as tres charlas as cuestións polas que máis se interesaron os alumnos eran as diferenzas entre os aguardentes de Albariño e de Mencía. Asemade tamén houbo moitas preguntas relativas aos detalles da elaboración dos licores, ao mesmo tempo que se sentían atraídos polo obradoiro de coctelería.

 

Artigos relacionados

Back to top button