En portadaGalerías de fotosÚltima horaVídeos

Homenaxe a viveiristas e enxertadores no marco da Festas de San Xurxo, en Vilamartín

O evento, organizado polo Concello, o IEV e a Ruta do Viño, incluíu unha demostración de enxerta tradicional

 

A práctica da enxerta e o traballo do viveiro “foron o noso sustento máis prezado durante anos; por eso hoxe é un día moi significativo”, asegura a tenende de alcalde do Concello de Vilamartín de Valdoorras, Sherezade Núñez, explicando que baixo o título “Do viveiro á copa”, o evento que tiña lugar na mañá deste sábado 20 de abril na praza Xosé Luis Núñez, busca “salvar do océano do olvido a nosa seña identitaria máis característica: a enxerta da vide”.

 

 

Trátase dunha “sincera homenaxe a aqueles viveristas que siguen en activo, pois grazas e eles, Vilamartín segue no cumio dos viveiros de vide de toda Galicia”, di Sherezade engadindo que tamén, con este acto, “buscamos homenaxear a todos aqueles enxertadores e viveristas que, malia que, xa non se atopan nesta terra de labregos, sempre estarán con nós a través das súas ensinanzas e o seu bon saber facer. Sen eles, tan só seriamos orfos neste inmenso val”.

 

 

O acto, ao que contaba con numeroso público, e co acompañamento musical dos Parrandas tiña pois aos enxertadores como protagonistas, sendo eles (homes e mulleres) os encargados de facer a demostración en vivo que centrou toda a atención antes e durante o evento que arrancaba coas palabras do presidente do IEV, Aurelio Blanco Trincado sobre os “inxertadores e inxertadoras, aos que me gusta chamar, con toda razón, os salvadores do viñedo de media España, os heroes vencedores dunha enfernedad da vide que chegou un bo día do ano 1870, con intención de quedar, pero que foi desterrada grazas á iniciaiva dalgúns viticultores que buscaron o antídoto fóra de Galicia, percorrendo España e Francia, incluso algún país americano”.

 

 

Blanco Trincado lembrou que “para repoboar os nosos viñedos cos novos enxertos sobresaíu o concello de Vilamartín, de terra fértil e homes e mulleres duras, que resistian, como os segadores, xornadas de sol a sol. Homes e mulleres de mans encallecidas polas tesoiras e pola rafia e a cera, que traballaron sen descanso ata que, milagre da natureza e froito do esforzo, as viñas volveron a reverdecer e darnos ese precioso e amante viño de Valdeorras, hoxe entre os mellores do mundo”.  Recoñece que o mundo do viño e a súa cultura puxéronse de moda “e énchellenos a boca de saliva poñendo en valor o viño, aos viticultores, covas e adegas; pero fálase pouco, ou case nada, dos auténticos artífices do milagre do viño, dos inxertadores aos que dende hai moitos anos tiven presente para render homenaxe”, sendo hoxe, como presidente do IEV parte da organización.

 

 

Tamén a Ruta do Viño de Valdeorras figura como coorganizadora desta festa, sendo o seu presidente, Joaquín Sánchez, quen dirixia unhas palabras aos presentes, lembrando sobre todo a súa propia vivencia no mundo da enxerta xa de neno. “Dende que teño uso de razón sempre se fixo aínda que agora adicámonos máis ao viñedo”, dixo, lembrando que hoxe Valdeorras “é a comarca que conta con máis viveiros, con diferenza, en toda Galicia, contando con nove, tres deles en Vilamartín de aí a importancia que tivo e segue tendo”.

 

 

Por parte do Concello, falaba o alcalde, Enrique Álvarez Barreiro, dando as grazas a todos os asistentes, especialmente aos protagonistas e recoñecendo que “nunca vin como se facía a enxerta polo que estou desexando velo”. O seu discurso comezaba lendo o pregón de Xaime Prada do programa de festas de San Xurxo de 1930.

 

 

Neste acto impoñíaselle o pin do concello aos tres viveiristas de Vilamartín Fernando Núñez Guitián, José Manuel Valeiras e Benxamín Vedo; e amais da demostración da enxerta no mesmo recinto da festa, visitábanse as instalacións de conservación do Viveiro Valeiras, no centro da vila, así como a exposición de fotografías, documentación e material histórico recompilado durante meses e que pode verse no segundo andar da antiga Casa do Concello.

 

 

O broche ao evento poñíao unha cata guiada pola enóloga Cecilia Fernández.

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button