CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Iníciase un estudo de Investigación sobre “Entroido-Patrimonio e Educación” na provincia de Ourense

Foto: Mónica G. Bellver.

 

A Universidade de Santiago de Compostela baixo a autoría de Paula Campos Álvarez e a dirección do profesor Dr. Alexandre Sotelino Losada está a elaborar o estudo de investigación (TFG) “Educación e Patrimonio cultural. O Entroido ourensán como eixo de desenvolvemento comunitario”.

Este traballo enmárcase na Facultade de Ciencias da Educación da universidade compostelá, concretamente dentro do Grao en Pedagoxía. “O obxectivo deste traballo é vincular o Entroido ourensán co desenvolvemento identitario e comunitario dos colectivos que o vivencian. Para iso, levarase a cabo unha recollida de información, a través de varias entrevistas semiestruturadas e análise documental sobre esta celebración desde unha perspectiva pedagóxica, incidindo na súa concepción comunitaria, educativa e cultural. Deste xeito pretendemos coñecer a repercusión que estas tradicións de índole popular teñen na construción da cidadanía e a súa influencia nas dinámicas participativas anuais, superando a temporalidade do propio ciclo festivo.

O estudo terá lugar na provincia de Ourense, con foco na comarca de Terras de Monterrei, dada a gran riqueza e impacto dos diferentes Entroidos que inundan a Galicia interior de Norte a Sur e de Este a Oeste, promovendo iniciativas veciñais e asociativas en torno a esta celebración.

A autora e o director teñen ascendencia na propia comarca de Monterrei. Tanto é así que a propia Paula indica que “Como verinense e lazana que son, trátase dunha iniciativa realmente significativa a nivel particular, xa que intentarei destacar o valor, relevancia e riqueza que a nosa cultura posúe, levándoa máis aló da mirada festiva e observándoa desde o punto de vista pedagóxico”.

Este estudo é continuidade a unha línea de investigación xa iniciada fai anos por parte do profesor Sotelino, e onde ten colaborado activamente o Concello de Laza e outras asociacións de entroidos da Provincia, e quen dado lugar a publicación de múltiples traballos (artigos, capítulos, comunicacións…) en torno a potencialidade pedagóxica desta celebración da invernía galega.

Artigos relacionados

Back to top button