OurenseÚltima hora

Máis de 800 escolares de Ourense aprenderán normas básicas para previr sinistros de tráfico e lesións no fogar

 

Fundación MAPFRE, en colaboración co Concello de Ourense, pon en marcha -no marco do seu programa educativo PLANETA ODS- a Caravana Planeta ODS, unha actividade educativa gratuíta, cun enfoque gamificado e experimental, que ten como obxectivo achegar ao alumnado dos colexios de Ourense a seguridade viaria, a prevención de lesións non intencionadas dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Esta mañá tivo lugar a apertura da actividade, que se desenvolverá ata o venres, día 10, no parque do Barbaña, de 9:30 a 18 horas, para recibir a visita de grupos de escolares de 3º a 6º de Primaria e público en xeral.

Durante as visitas, os educadores transmítenlles aos escolares os coñecementos necesarios para comprender os ODS, valorar a súa importancia e relacionalos coa mobilidade, ao tempo que se fomenta a súa capacidade de reflexión, de iniciativa e o traballo en equipo. A visita pretende ser unha experiencia inmersiva, na que a aprendizaxe está baseada na gamificación, a cooperación e a experimentación.

Os escolares participantes, xunto co profesorado, percorrerán tres espazos diferentes, desenvolvendo en cada un deles unha actividade práctica didáctica. “O enigma da galería virtual”, é un Escape Room no que se lles propoñen enigmas relacionados coas temáticas da actividade e que teñen que resolver colaborando uns con outros. Na segunda, “A aventura da prevención no Fogar Virtual”, móstranse diferentes situacións relacionadas coa prevención de lesións non intencionadas e realízanse actividades en formato de desafíos interactivos, que deben resolver en grupo.

A terceira zona é o Circuíto Interactivo de Mobilidade 3S: segura, sa e sostible con sinais de tráfico, bicicletas e patinetes (VMP). Neste circuíto hai zonas peonís e rúas para que os nenos aprendan a desprazarse de maneira segura como peóns e como condutores de bicicletas e patinetes. Ademais, contarase coa colaboración de axentes da Policía Local.

Artigos relacionados

Back to top button