CulturaCulturaÚltima hora

O papel das mulleres na guerrilla, a partir das investigacións en Casaio, nas Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente

Celebraranse de forma online do 4 ao 8 de marzo baixo o título "As mulleres no franquismo e a transición á democracia: represión, violencias e mobilización"

 

As Xornadas de Historia Contemporánea e do Tempo Presente, organizadas polo grupo de investigación HC1 e o grupo de innovación docente I2DH da Facultade de Historia de Ourense, e pola UNED, contan cunha longa tradición dentro do panorama historiográfico galego.

Nesta edición propoñen un achegamento a diversos aspectos como a represión de xénero, as novas investigacións sobre o papel das mulleres na guerrilla a partir dos traballos desenvolvidos na «Cidade da Selva» (Casaio-Carballeda de Valdeorras, Ourense), a violencia institucional de xénero na transición á democracia e o papel do Movemento Democrático de Mulleres nas mobilizacións de mediados dos anos setenta.

Nesta ocasión vanse celebrar do 4 ao 8 de marzo baixo o título “As mulleres no franquismo e a transición á democracia: represión, violencias e mobilización”. Estas xornadas poderán seguirse o liña. Os rexistrados van recibir unha ligazón para que poidan seguir as sesións por streaming. Consta de 20 horas lectivas, que darán dereito a obter 1 crédito ECTS.

O programa é o seguinte:

Luns, 4 de marzo

· 16:00-16:15 h. Inauguración das Xornadas a cargo de Julio Prada Rodríguez, director do curso e decano da Facultade de Historia da Uvigo, e Jesús Manuel García Díaz, director UNED Ourense.
· 16:30-18:00 h. A represión sobre as mulleres. Algunhas claves interpretativas. Con Julio Prada Rodríguez, catedrático de Historia Contemporánea na Uvigo e profesor-titor de UNED Ourense
· 18:00-19:30 h. Mulleres na contorna da «Cidade da Selva»: a materialidade, a memoria e os documentos desde a perspectiva de xénero, a cargo de Laura Martínez Panizo, graduada en Historia e Máster en Historia Contemporánea na USC. Membro de Sputnik Labrego-Real Academia de España en Roma.

Martes, 5 de marzo

· 16:30-18:00 h. (IN)Xustiza transicional: análise da violencia institucional de xénero na transición á democracia. Con Enya Antelo Alvite, graduada en Historia e Máster en Historia Contemporánea da USC.
· 18:00-19:30 h. Luces e sombras: o Movemento Democrático de Mulleres en Galicia. Este relatorio defenderaa María Concepción Álvarez Gómez, secretaria e profesora titora de UNED Ourense, licenciada en Historia pola USC e Máster Universitario Historia, Territorio e Recursos Patrimoniais pola Uvigo.

Mércores, 6 de marzo

· 16:00-21:00 h. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DOCENTE ON-LINE: Mulleres, franquismo, transición e didáctica da Historia, con Julio Prada Rodríguez.

Xoves, 7 de marzo

· 16:00-21:00 h. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DOCENTE ON-LINE: Mulleres, franquismo, transición e didáctica da Historia, con Julio Prada Rodríguez.
Venres, 8 de marzo
· 16:30-20:30 h. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN DOCENTE ON-LINE: Mulleres, franquismo, transición e didáctica da Historia, a cargo de Julio Prada Rodríguez.
Este curso necesita inscrición, que será gratuíta. Será en diferido (todas as sesións foron gravadas previamente). Ás persoas rexistradas enviaráselles o día do inicio do curso a ligazón dos vídeos.

Dende a organización indican que “para ter dereito a diploma, deberán entregarse as actividades de formación on-line en MOOVI (UVigo) ou enviándoas a jprada@ourense.uned.es antes do 3 de maio de 2024. Solicitouse 0,8 créditos ECTS para estudantes da UVigo”.

Artigos relacionados

Back to top button