En portadaÚltima hora

Os parques naturais da Serra da Enciña da Lastra e do Invernadeiro reciben a universitarios

Realizarán prácticas formativas nestes espazos naturais ourensáns ata o vindeiro mes de setembro
Vista dos Penedos de Oulego, no Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra (Rubiá)./ Foto: Carlos G. Hervella.

De xuño a setembro un total de 32 alumnos de universidades galegas realizarán prácticas formativas nos parque naturais e nos centros de recuperación de fauna salvaxe da comunidade. Dous deles incorporaranse ao Parque Natural ds Serra da Enciña da Lastra (Rubiá) e outro a do Invernadeiro (Vilariño de Conso). Son os dous únicos ourensáns que recibirán universitarios, segundo a listaxe feita pública pola Consellería de Medio Ambiente.

Estas accións formativas son posibles grazas aos convenios de colaboración asinados entre a consellería e as tres universidades galegas, para a realización de prácticas académicas externas de estudantes universitarios.

 

Imaxe do Parque Natural do Invernadeiro, en Vilariño de Conso./ Foto: Carlos G. Hervella.

Outros destinos formativos son o Parque Natural das Fragas do Eume (7 estudantes), o P.N. de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán (2), o Centro de Recuperación da fauna salvaxe de Santa Cruz-Oleiros (6), o P.N. Monte Aloia (Tui) (3), o Parque Nacional das Illas Atlánticas (7) e o Centro de recuperación de fauna salvaxe de Cotorredondo (4).

As tarefas que realizarán dentro dos parques naturais e nacional serán “axudar á xestión ambiental, identificación e conservación de flora e fauna, control de especies exóticas, seguimento do estado conservación hábitats e especies, actividades de educación ambiental, e apoio ao uso publico do espazo natural protexido”, segundo indica a Consellería do Medio Ambiente.

Artigos relacionados

Back to top button