OurenseÚltima hora

Os participantes nun curso de albalenería e carpintaría recuperan as zonas da área termal

O equipo actuará acondicionado a zona do Paseo da Ribeira e acondicionarán os locais do Centro de Interpretación das Burgas para un bar-cafetería, un punto de información e unha tenda
Marisol Díaz, Jorge Pumar, Jesús Vázquez
Marisol Díaz, Jorge Pumar, Jesús Vázquez e Tomás Paz visitaron as obras nas termas do Muíño. 

Unha vintena de alumnos, inscritos no obradoiro de emprego “Ourense Termal” que se está a desenvolver na cidade das Burgas, están a levar a cabo labores de restauración e recuperación nas zonas do Paseo da Riberia, consistentes na renovación e mellora do mobiliario, ademais de construír e repoñer arquetas e reparar camiños e sendeiros no propio paseo. Por otra banda, no Centro de Interpretación das Burgas, crearán un espazo de estancia na zona anexa e acondicionarán os locais para bar-cafetería, punto de información e tenda.

Este obradoiro, que da continuidade ao iniciado o ano pasado, ofrece formación e emprego a estes desempregados durante seis meses e conta con dúas especialidades: albanelería e carpintería. O alumnado compaxina unha formación teórico-práctica nestas dúas materias co desenvolvemento dun traballo remunerado. O investimento total da Consellería de Economía, Industria e Emprego nesta iniciativa ascende aos 180.000 euros.

A delegada da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e o xefe territorial da Consellería de Economía Emprego e Industria, Tomás Paz, realizaron hoxe unha visita ás obras próximas á zona das termas do Muíño.

A máxima representante do Goberno galego en Ourense lembrou o esforzo que a administración autonómica veu realizando nos últimos anos para mellorar a empregabilidade no concello de Ourense a través dos programas de contratación, cursos AFD, programas integrados de emprego e a contratación de axentes de emprego e desenvolvemento local. Ademais, este ano a Xunta tamén lle concedeu á capital un obradoiro específico para menores de 30 anos a través de Garantía Xuvenil.

Díaz Mouteira salientou que “apostar pola formación e a aprendizaxe é apostar pola creación de empregos estables e de calidade”, e neste senso indicou que unha das prioridades do Goberno da Xunta de Galicia é mellorar a cualificación dos traballadores e traballadoras, ofrecéndolles unha formación vinculada á obtención dun certificado de profesionalidade con validez nacional, como é o caso dos obradoiros. A delegada territorial lembro que a Xunta conta coa Axenda 20 para o Emprego, que é a planificación do Goberno galego en materia laboral, para impulsar o emprego estable e de calidade e coa que se pretende reducir ata o 10% a taxa de desemprego en 2020.

Artigos relacionados

Back to top button