CulturaCulturaÚltima hora

Parada de Sil, presente no XIV Congreso de Estudos Galegos na Universidade de Minho (Portugal)

 

Do 17 ao 20 abril desenvólvese o XIV Congreso Internacional da Asociación I. de Estudos Galegos, baixo o título “Horizontes dos estudos galegos e/na Lusofonía”. Este foro, que se está a celebrar en Braga/Guimarães (Universidade de Minho), constitúe un espazo de diálogo e encontro académico e científico e tamén de reflexión sobre os estudos galegos no espazo da Lusofonía.

Blanca Nieves Rodicio con casa en Caxide-Parada de Sil onde pasa tempadas, intervirá cunha ponencia titulada “ Antropología de una variante: Gallegos que no sangüeses” en D. Quixote.

Sostén Blanca Rodicio que os que aparecen citados como yangüeses no capítulo XV do Quixote son galegos da Ribeira Sacra e de Tras Os Montes, e non sorianos, así que de confirmarse esta hipótese os arrieiros que apalearon a D. Quixote serían galegos e portugueses.

Tamén de Parada de Sil é o profesor Antonio Carreño, fai pouco medalla de Ouro da Deputación de Ourense, que cando estaba na Universidade de Brown deulle un forte pulo á celebración destes congresos, sendo o presidente da asociación dende 1988-91. Celebrado o congreso en Brown salientou a alta e moi cualificada participación de relatores.

Artigos relacionados

Back to top button