CulturaCulturaÚltima horaVídeos

Ponse en marcha o I Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras

A primeira xornada celébrase na Casa do Río Cigüeno, no Barco, e está centrada no enoturismo e na paisaxe o Camiño

 

En torno ao enoturismo e a pasisaxe se centra a primeira xornada de traballo do Foro do Camiño de Inverno por Valdeorras que se está celebrando na Casa do Río Cigüeño, no Barco coa asistencia de 28 persoas (aproximadamente o 70% de Valdeorras e o resto douros puntos de Galicia como Pontevedra ou Santiago e tamén do Bierzo), fundamentalmente traballadores do sector turístico.

O encargado de abrir o acto inaugural, na mañá deste sábado 8 de outubro, era o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras, promotora e organizadora do foro, Joaquín Sánchez, acompañado na mesa pola presidenta da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, María Concepción Vega, polo presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis Pando, e polo alcalde do Barco Alfredo García, encargado de pechar o acto dando paso á primeira das ponencias.

 

Asistentes á primeira sesión do foro, no Barco.

 

Como anfitrión desta primeira edición do foro, Sánchez destacou que a intención do foro é “divulgar o potencial do Camiño de Inverno, un dos itinerarios menos coñecidos de peregrinación a Santiago, como roteiro turístico” ligado “ao enorme potencial vinícola de Valdeorras: unha terra extensa e prolífica atravesada por verdes videiras nas que se colleitan variedades autóctonas como o noso godello, todo un emblema dos viños desta zona de Galicia”.

 

O alcalde do Barco, Alfredo García.

 

A presidenta da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno, María Concepción Vega, daba as grazas polo convite a este foro “un paso importante para facer alianzas de promoción turística, deste turismo de experiencias que agora está tan en voga e que nos poden situar no mapa como un camiño que conta xa co recoñecemento como camiño histórico, dando un paso mais co recoñecemento de ruta xacobea”. Como representante do municipio de Ponferrada, Vega lembrou que ademais do Camiño de Inverno “únenos o viño e a paisaxe”, sendo hora de que como municipios que acariciamos o paso do río Sil “teñamos iniciativas como estas en que asociacións, institucións políticas, empresarios, rutas do viño se unan para dalo a coñecer”.

 

O presidente da Asociación Ruta do Viño de Valdorras, Joaquín Sánchez.

 

Pola súa banda, o presidente do Consello Regulador da D.O. Valdeorras, José Luis Pando, lembrou a importancia deste tipo de actos para “visibilizar a nosa comarca e por ende o sector do viño do que formamos parte e o que significa para nós”, abogando pola unión “non só para eventos como este senón en calquera que sirva para promociocnar o Camiño de Inverno porque si podemos atraer a moita xente que xa fixo o Camiño  Francés e busca novas experiencias que sen dúbida atopará no de Inverno”.

Pechando a presentación, o alcade do Barco, Alfredo García lembraba a continuidade do foro na vindeira semana na Rúa coa segunda xornada, poñendo unha vez máis enriba da mesa “a unión que sempre fai a forza”, lembrando que o proxecto de desenvolvemento sostible de turismo na comarca “desenvolverase en breve sendo cada día mellores as espectativas”. García tamén destacou no Camiño de Inverno ao río Sil como unión “logrando que non haxa fronteiras”.

 

O presidente do C.R.D.O. Valdeorras, José Luis Pando.

 

No turno xa das ponencias, a xerente do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Alexandra Seara  aseguraba que “O Camiño de Inverno rexistra unha clara tendencia de crecemento” e que “aproveitar este elemento “experiencial” de promoción turística “sendo capaces de ofrecer unha presentación chamativa do que ofrece” é fundamental para axudar a captar visitantes para a contorna de Valdeorras.

 

 

Na súa quenda de intervención, Seara detallou, ademais, os elementos e mimbres que axudaron a promocionar a Ribeira Sacra como unha das marcas destino máis relevantes de Galicia. Segundo sinalou, “as rexións vitícolas adoitan ir ligadas a unha imaxe de calidade na oferta turística, polo que iso xa constitúe un gran punto a favor”.

 

 

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button