
Dende a dirección das empresas Samaca e Irosa consideran que unicamente se tivo en conta a sentenza de desafiuzamento, pero non os terreos que ten as compañías teñen en propiedade e a expropiación realizada pola Xunta. “Temos 6 hectáreas de propiedade, temos 14 hectáreas expropiadas, entón eu penso que veñen a cumprir un requisito porque, por causas sobrevidas como consecuencia da expropiación, a sentenza non se pode cumprir. Pero só se tivo en conta a sentenza, o demais non importa, entón quérennos botar dos terreos propios e dos terreos expropiados, é algo que non entendo”, comentaba Rogelio López, presidente do grupo Samaca.
Ademais López explicaba que “hai un arrendamento marco e nel dise que dentro dese perímetro existen fincas particulares sen identificalas con precisión. Acabáronse os contratos, non os quixeron renovar, e veñen a facer o lanzamento, pero o que si di a sentenza é que previamente se identifiquen os terreos particulares, que están inscritos no rexistro hai máis de 40 anos. Agora nin niso se molestaron. O que non era particular, nós expropiámolo, pois iso tampouco se ten en conta, é dicir, os terreos propios e o terreo expropiado é como se non os tiveramos, entenden que como hai unha sentenza, hai que cumprila, e xa está”.
Preguntado sobre a posibilidade de que haxa negociacións coa outra parte, Rogelio López dicía que “non sabemos se vai haber negociación. Presentáronse xa os recursos nestes días, pero non se lle deu contestación”.