PolíticaÚltima hora

A socialista Noela Blanco di que o servizo de venda de billetes periga en 4 estacións ourensás

Preguntaba no Parlamento galego se a Xunta ten feito xestións ante o goberno do Estado para manter este servizo nas estacións das comarcas do Ribeiro, Valdeorras e O Carballiño 

 

A parlamentaria ourensá do PSdeG-PSOE, Noela Blanco./ Foto: Carlos G. Hervella.

No pleno do Parlamento galego a deputada ourensá Noela Blanco vén de preguntarlle ao goberno galego se ten realizado algunha xestión diante da administración estatal para manter o servizo de venda de billetes en todas as estacións de ferrocarril da comunidade, ante o risco de que se convirtan en “estacións pantasma” noutro caso de “marxinación” a zonas rurais ás que obrigan a “baixarse do tren do progreso”, con case 200.000 persoas afectadas.

A socialista comentaba nunha pregunta oral que sete estacións de tren (catro na provincia de Ourense, unha na contorna de Vigo, outra no Baixo Miño e outra máis no sur de Lugo) perigan no novo plan ferroviario de Renfe e Adif para reestruturar o seu servizo de vendas en 2017, segundo alerta o persoal ferroviario “deixando importantes núcleos de poboación sen servizo presencial de información e venda de billetes e implicando, nalgúns casos, o peche das que queden sen persoal”. Blanco destaca que en moitos casos estes servizos serven para “fixar poboación” en zonas “especialmente envellecidas”. No caso da provincia de Ourense trátase de estacións das comarcas do Ribeiro, Valdeorras e O Carballiño.

A parlamentaria socialista lembráballe á  conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, a “responsabilidade moral e de goberno” que ten a Xunta fronte ás decisións do goberno de España, e destacou que estas estacións son “vitais desde o punto de vista social, económico e cultural”, e nalgúns casos, como o de Ribadavia, cun alto valor arquitectónico.

Por todo isto pedíu contactos urxentes para impedir o peche destes servizos. Ademais, lembroulle á conselleira que nalgunhas destas zonas “a poboación maior de 65 anos multiplica por tres á menor de 15” e que “nalgúns casos nin sequera hai cobertura”, tras suxerir o goberno galego o uso de internet para mercar billetes.

 

 

 

 A s

Artigos relacionados

Back to top button