EconomíaEconomíaÚltima hora

Solta de Torymus sinensis para loitar contra a avespiña do castiñeiro

O sector do castiñeiro galego considera fundamental esta medida para poder facer fronte esta grave praga
A conselleira do Medio Rural, co director xeral de Ordenación e Produción Forestal, durante a solta en Toén.
A conselleira do Medio Rural, co director xeral de Ordenación e Produción Forestal, durante a solta en Toén.

A única forma de frear o avance en Galicia da avespiña do castiñeiro (Dryocosmus kuriphilus), considerada a praga máis grave a nivel mundial neste cultivo, é a loita biolóxica mediante a solta doutro depredador natural deste insecto: o Torymus sinensis. Esta era unha demanda reiterada do sector galego da castaña que vén de ter resposta neste mes de maio.

Técnicos de Medio Rural fixeron efectiva a mediados deste mes a solta controlada e experimental de case 450 viais de Torymus. “Cada un deles leva como mínimo 20 femias e 12 machos. Os puntos de solta coinciden cos sectores nos que está permitida esta actividade e abranguen diversos concellos das provincias de Lugo e Ourense. Nesta última é na que se está a dar unha maior incidencia da avespiña e por iso é na que se está a reforzar a loita biolóxica”, tal e como se informa dende a Consellería do Medio Rural.

A conselleira e o director xeral, observando as gallas que evidencian a presenza da avespiña, nunha pola de castiñeiro.
A conselleira e o director xeral, observando as gallas que evidencian a presenza da avespiña, nunha pola de castiñeiro.

A titular deste departamento, Ángeles Vázquez, supervisaba, xunto ao director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández, estes traballos de control na mañá do 16 de maio en Toén (Ourense). Esta iniciativa foi autorizada polo Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama), a petición da Xunta. Faise de maneira “experimental para avaliar a súa eficacia antes de proceder a unha liberación masiva de parasitos, que tamén deberá ser autorizada polos responsables de Sanidade Vexetal do Ministerio”, segundo Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button