A RúaCarballedaConcellosO BarcoO BoloÚltima hora

Un grupo de 106 persoas do concello de Laracha (A Coruña) visita Valdeorras

 

Na xornada do luns 29 de abril un grupo de 106 persoas do concello de Laracha (A Coruña) co seu alcalde José Manuel López á cabeza, visitaba algúns dos lugares máis emblemáticos da comarca de Valdeorras nos municipios de Carballeda, O Barco, A Rua e O Bolo.

Da man de Soledad Figueroa, guía oficial de Galicia para a axencia B de Travel Band do Barco que foi a que xestionou a viaxe organizada polo Concello de Laracha, pola mañá estiveron coñecendo a zona de Sobradelo e o mundo da lousa e “despois demos un paseo polo Malecón do Barco e tamén visitaron a Adega Roandi. Xa pola tarde visitaron o Santuario das Ermidas no Bolo”, asegura Sole, guía tamén do Concello do Bolo.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button