EconomíaEconomíaEn portadaPizarraÚltima hora

Unha mostra pon en valor de forma artística o peso socioeconómico da lousa no rural galego

A exposición "Pizarra" poderá visitarse ata mediados de decembro no Centro Cultural da Deputación de Ourense

 

A exposición “Pizarra”  poderá visitarse durante os próximos 15 días no Centro Cultural Marcos Valcárcel en Ourense. Está composta por 21 imaxes de 1 x 1,5 metros de Juan Rodríguez e trátase dunha iniciativa promovida pola Deputación Provincial, que tamén conta co respaldo da Xunta e do Clúster da Pizarra de Galicia.

A través desta mostra búscase achegar a relevancia socioeconómica que a actividade louseira posúe en moitos núcleos do rural ourensán e divulgar o potencial que deste pedra natural en termos construtivos, tanto de obra privada como pública, grazas á súa calidade, durabilidade, accesibilidade e resistencia. Estas fotografías pretenden tamén trasladar a beleza e singularidade das paisaxes nos que se integran as canteiras das que se extrae este material, situadas maioritariamente en Valdeorras.

Trazos distintivos únicos

Deste xeito, o presidente do Clúster da Pizarra de Galicia, Víctor Cobo, referíase no acto inaugural da mostra, celebrado ás 13h. deste 23 de novembro, a que un dos obxectivos desta iniciativa é dar a coñecer a lousa á sociedade “desde un punto de vista totalmente innovador, mostrando a beleza das canteiras, paisaxes ou frontes de explotación, entre outros aspectos”.

Pola súa banda, a delegada especial da Deputación Provincial para Valdeorras e alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, un dos municipios que maior actividade industrial louseira posúe en Galicia, destacou que “a lousa no rural significa vida. Significa dinamismo económico e potencial exportador. Significa emprego. Significa poder fixar poboación no territorio”. “Por isto”, proseguía, “todas as iniciativas de comunicación, promoción e divulgación que poñan en valor a lousa como roca natural ideal para a construción merecen o máis absoluto recoñecemento e apoio das administracións”.

Ao tempo, destacou que iniciativas como esta mostra fotográfica axudarán a atraer visitantes ás zonas nas que se concentra a actividade louseira e favorecer en Galicia o denominado turismo industrial que, precisamente, quérese potenciar a través dun proxecto que poña en valor as paisaxes nos que se integran as canteiras como destino visitable.

 

 

Singularidades da mostra

Pola súa banda, Carlos Quintáns, comisario da exposición, detallou as singularidades da mostra e indicou que Juan Rodríguez “traballa nas súas fotografías co contraste entre o artificial do corte da canteira e o natural, coas geometrías resultantes do proceso”. Ademais, sinalou que “tamén documenta a realidade das súas superficies cambiantes: as patinas das paredes das canteiras abandonadas, así como as pegadas das chécnicas e das máquinas”.

O comisario da mostra resaltaba que Rodríguez aproveita nas súas imaxes “as distintas condicións atmosféricas que pode encontrar e así móstranos como a choiva e a neve cambian as frontes das canteiras de lousa. Buscáronse as oportunidades meteorolóxicas para fotografar frontes nos que a lousa está mollada ou acompañada de neve, tamén cando está manchada polo arrastre da terra. É interesante o contraste mostrado entre o negro da lousa e o branco da neve ou o siena da terra configurando imáxenes variadas que non volverán a repetirse e que así quedan rexistradas”, considerou Quintáns.

Finalmente apuntaba que “as imáxenes seleccionadas tratan de mostrar distintos aspectos relacionado coa lousa, desde a forma na que se sitúan as canteiras no territorio, o seu relación coa auga dos rívos ou os lagos existentes e por suposto coa vegetación”.

Neste senso, a exposición está conformada por imaxes que reflicten os distintos momentos dunha canteira ou os labores realizados en taller para o corte e dá visibilidade, en paralelo, ás canteiras en túnel, que resultan imposibles de visitar por alguén alleo aos labores que nelas se realizan.

 

Artigos relacionados

Back to top button