OurenseÚltima hora

Unha vintena de cámaras portuguesas celebran o día nacional luso na cidade

Os municipios portugueses transformarán o Casco Vello da cidade nun pequeno anaco de Portugal no”Día de Portugal, Camões e das Comunidades Portuguesas en Galicia”
Jesús Vázquez e Manuel Correia da Silva. // Foto: Carlos Asensio.

O Casco Vello de Ourense vaise converter, esta fin de semana ( 9 e 1o de xuño) nun pequeno barrio portugués. Un total de 23 cámaras do país veciño virán á cidade das Burgas para celebrar o “Día de Portugal, Camões e das Comunidades Portuguesas en Galicia”, unha celebración que o ano pasado celebrouse en Vigo. A presentación desta actividade tivo lugar hoxe, 7 de xuño, e na que estiveron presentes o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o vicecónsul de Portugal na Galiza, Manuel Correia da Silva.

Nesa presentación o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, contou que “cando fóra en Vigo eu xa lle propuxen ao vicecónsul que a próxima edición debería ser en Ourense”, algo ao que Correia aceptou, dixo, “dende o minuto un”. Ambos os dous non deixaron en segredo “a amizade que tamén nos une”, o Vicecónsul continuou dicindo que “ese é o obxectivo desta feira, a de facer amizade e confraternizar entre países veciños”.

Amarante, Arcos de Valdevez, Baião, Braga, Caminha, Celorico de Bastos, Chaves, Cinfães, Marco de Canaveses, Mondim de Bastos, Montalegre, Penafiel, Ponte da Barca, Ponte da Lima, Póvoa de Varzim, Resende, Santo Tirso, Valença, Viana do Castelo, Vila do Conde, Vila Nova de Cerveira, Vila nova de Famalição e Vila Pouca de Aguiar son esas 23 cámaras lusas que van vir a Ourense a amosar as súas músicas tradicionais, a, danzas e gastronomía. Todos eles virán á capital para a conmemoración da morte, en 1850, do poeta Luís Camões, o día nacional de Portugal. “É algo insólito”, dixo o Vicecónsul de Portugal na Galiza, Manuel Correia, “xa que os alcaldes desas vilas teñen celebracións oficiais por este día e decidiron vir aquí, a Ourense”, no seu día feriado.

Segundo informou o rexedor municipal, Jesús Vázquez, “as actividades comezarán na ‘sexta feira’, o venres'” dixo facendo unha chiscadela ao país veciño, “tras o mediodía coa apertura da feira de Artesanía e Gastronomía na Praza de Bispo Cesáreo, na que tamén poderemos bailar ao ritmo das agrupacións tradicionais de folclore”. Tras diso, a xornada seguirá con concertos na Praza Maior: o venres ás 21:00 horas actuará María do Ceo, “que non sabemos se é unha cantante portuguesa ou galega” dixo o Vicecónsul, “pero é esa ligazón entre ambas comunidades”, bromeou. E logo seguirá o sábado á mesma hora, con Gonçalo Guerreiro, cantante portugués afincado na Coruña “outra ligazón”, continuou Manuel Correia.

Pero, ademais, haberá unha representación a cargo do Grupo de Teatro “Eu Experimento”, do Centro Cultural Centro Cultural do Camões, que interpretarán “Algumas das melhores deixas do cinema em língua portuguesa”. O acto será no Liceo ás 18:30 horas con entrada libre. E, sen saír das táboas do Liceo, haberá unha oferta de cinema dunha das directoras portuguesas do momento: Rita Azevedo Gómes que trae “A vingança de uma umlher”, tamén con entrada libre e comezará o pase ás 18:30 horas.

Será un evento “que estou seguro de que atraerá a moita xente”, dixo o rexedor muncipal. En total, a comunidade portuguesa na provincia, segundo os datos aprotados polo vicecónsul, ascende a máis de 5.000 persoas e, en Galicia, un total de 16.000 teñen só a nacionalidade portuguesa e 5.000 a dobre nacionalidade (portuguesa e española).

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button