A adega Vinos Barco, antes Cooperativa Jesús Nazareno, lanza un podcast no que convida a percorrer “unha ruta polos viñedos da comarca a través de misterios que implicarán directamente ao visitante na súa resolución”.
O podcast, creado polo produtora Mil Ojos Producen, é un medio para “promocionar o enoturismo e a comarca de Valdeorras dunha forma moi diferente que fai que podamos chegar a todos os públicos e que se goce desta terra dunha forma divertida”, segundo explica Alicia Van Assche, directora de contidos.
Os protagonistas do podcast son catro amigos inseparables desde a infancia que decidiron escapar do caos da gran cidade e pasar unha fin de semana tranquila en Valdeorras para coñecer a variedade Godello, tan representativa da zona. A ruta ten unha duración dunha hora e media cun percorrido de sete quilómetros e comeza na ermida de Rubiá para, posteriormente, camiñar paralelos ao Alto do Xirimil ata chegar ao Barco de Valdeorras.
Ademais, o traxecto está amenizado por unha lista de reprodución musical que acompaña cada capítulo do podcast. Este lanzamento completa a campaña de renovación que pon en valor a todos os socios da cooperativa valdeorresa.
O podcast pódese escoitar directamente a través da plataforma Spotify neste link: https://open.spotify.com/playlist/47SNaDLbLTXtUsn8NW2EV2. É a oportunidade ideal para gozar dunha xornada diferente e coñecer a comarca máis a fondo.
Vinos Barco é unha adega de viños do noroeste de España situada no Barco de Valdeorras, Ourense. Podemos presumir de que o primeiro viño Godello de España se embotellara nas nosas instalacións. Nacemos como cooperativa en 1958 e catro anos máis tarde arrincamos coa primeira colleita. Así, contamos coa primeira planta embotelladora de viño da comarca de Valdeorras e unha das primeiras de Galicia cuns 800 pequenos produtores. Desde entón ata o de agora, non deixamos de traballar a terra, coidando cada cepa como o legado familiar que supón en cada unha das nosas casas.