DeportesMontañismoÚltima hora

XXIV Semana Audiovisual da Montaña, do 21 ao 25 de novembro en Ourense

Estas xornadas serán organizadas polo Club Alpino Ourensán e desenvolveranse ás 20:30h. no Centro Cultural Marcos Valcárcel

 

Do 21 ao 25 de novembro o Club Alpino Ourensán organizará a XXIV Semana Audiovisual cunha serie de proxeccións e charlas que se celebrarán ás 20:30h. no Centro Cultural Marcos Varcarcel na cidade de Ourense. “Nesta edición tratamos de amosar a nosa filosofía de club a través dos invitados que se achegan a compartir connosco as súas vivencias, historias e actividades cas que podemos identificarnos. Dende aquí tamén queremos invitar a calquera persoa a asistir ás mesmas, sendo a única limitación o aforo da sala”, explican dende esta entidade.

A entrada é libre e o programa comezaráo 21 de novembro da man do fotógrafo Fran Nieto nunha sesión titulada “A fotografía de Paisaxe, unha visión persoal”. Nieto é un fotógrafo especializado en macrofotografía e paisaxe, con diversos premios na súa traxectoria. Autor de varios libros de fotografía así como ten publicado fotos en diversas revistas relacionadas ca natureza (Natura, Quercus, etc).

Ao día seguinte intervirá o alpinista Florentino Taín nunha exposición titulada “Alpinismo a 7000 metros”. Amosará como o desexo de vivir unha ascensión a un gran pico convertiuse no proxecto de completar o Snow Leopard coas súas 5 montañas de máis de setemil metros. A de Taín é “unha vida ligada a montaña. Escalador e montañeiro ourensán con múltiples escaladas en catro continentes (fáltanlle Oceanía e Antártida). Equipamentos de vías deportivas e de clásica en rocha así como tamén vías invernais”, explican os organizadores da xornada.

 

 

 

Para a tarde do 23 de novembro contarase co escritor Pablo Batalla Cueto quen abordará a “escritura de “La virtud en la montaña” – Vindicación dun alpinismo lento, ilustrado e anticapitalista”. É licenciado en Historia pola Universidad de Salamanca e colaborador en diversos medios de comunicación.

Xa o 24 de novembro as xornadas continuarán coa montañeira Karina Pérez (Montañeira) e co aventureiro Pepe Ocejón cunha intervención titulada “NEPAL, soa ou acompañada?”, que achegará ao público as vivencias de Karina na súa víaxe a Nepal catro anos despois da súa primeira viaxe, compartindo nesta ocasión víaxe con outras 11 persoas que acababa de coñecer.

Finalmente, o 25 de novembro o escalador Víctor Sánchez falará sobre “Resiliencia, a arte da liberdade”, a historia de superación persoal dun montañeiro e escalador asturiano tras un grave accidente. Sánchez é guía de escalada e montaña, cun amplo currriculum de cumes ademais de múltiples aperturas de vías en Picos de Europa así como aperturísta de gran número de vías de escalada deportiva.

Artigos relacionados

Back to top button