CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros esta fin de semana en Monterrei

Presentación da Xuntanza Internacionald e Gaiteiros.

 

Os vindeiros 26 e 27 de agosto, o Castelo de Monterrei acollerá a XXXVIII Xuntanza Internacional de Gaiteiros, un foro de carácter mundial que naceu hai case 40 anos como complemento ás actividades da Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense.

A súa primeira edición tivo lugar o día 26 de xullo do 1986 no barrio da Ponte de Ourense, baixo a denominación de I Xuntanza de Gaiteiros do País. A partir desta edición o evento foi percorrendo distintos concellos da provincia de Ourense, establecéndose no 2007 como sé permanente no Castelo de Monterrei. No 2016 foi declarado evento de Interese turístico e cultural pola Xunta de Galicia.

Tal e como sinalou a vicepresidenta primeira da Deputación de Ourense, Marta Nóvoa, “cando un evento leva 38 anos, é porque ten éxito. Desde a Deputación é una honra colaborar cun acontecemento tan importante para a música tradicional galega e para toda a comarca de Monterrei desde un símbolo tan fermoso como é o Castelo de Monterrei”. Ademais, en nome da institución provincial e do seu presidente, Luis Menor, a vicepresidenta primeira manifestou a firme vontade de seguir a cooperar con outras administracións neste importante foro cultural.

Na presentación desta mañá participaron tamén o delegado territorial da Xunta de Galicia, Gabriel Alén; así como o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez, quen puxo en valor non só a importancia cultural deste acontecemento, senón tamén o impulso dinamizador que supón para o municipio e para toda a comarca. Pola súa banda, o fillo dun dos homenaxeados nesta xuntanza, Nonito Pereira, agradeceu emocionado o recoñecemento ao a seu pai. Por último, o director da Escola de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo, lembrou que coa 38 edición desta xuntanza “marcamos 38 anos de vida coa gaita como parte fundamental da historia da civilización”, e sinalou que a filosofía deste evento “non só é divertimento: é a búsqueda do coñecemento”.

 

 

Actualmente o evento desenvólvese en dúas xornadas nas que se programan conferencias didácticas, exposicións así como outras actividades de carácter científico. O programa deste ano é o seguinte:

25 agosto 2023

19h. Actuacións na Pza. da Hermida de Flariz:
– Banda de Gaitas de Flariz
– Louis Abgrall & Michel Jammet (Bretaña)
– Murad Tavartkiladze (Xeorxia)
– Harpe Diem (Asturias)
– Luis Antonio Pedraza (Zamora)

26 agosto 2023

11h. Curso de técnica de Uilleann Pipe a cargo de Alexander Suárez.

12h. Lugar: Hospital do Peregrino Acto en homenaxe ao productor musical Nonito Pereira.
Conferencias:
– Lolita Surmanidze con Murad Tavartkilazde Gaitas de Xeorxia: Chiboni e Gudastviri.
– Louis Abgrall e Michel Jammet: Binou et Bombarde.
– Daniel García de la Cuesta: A iconografía da Gaita nas catedrais de Oviedo e León.

19h. Lugar: explanada Castelo de Monterrei. Presenta: Montse Estévez. Participan:
– Trompetistas á usanza medieval
– Banda de Gaitas Nova Era
– Miro Casavella
– Entrega recoñecemento a Nonito Pereira
– Basilisa Sotelo (desafíos de Santa Baia de Montes)
– Louis Abgrall & Michel Jammet (Bretaña)
– Recoñecemento a Henrique e Manoel Ambite, coa actuación de Xosé Casal e José Luís Galán.
– Agrupación musical do Concello de Riós
– Fransy González e Davide Salvado
– Banda de Gaitas de Flariz
– Murad Tavartkiladze (Xeorxia)
– Os Trouleiros de Medeiros
– Alexander Suárez (Cuba)
– Banda de Gaitas do Concello de Verín
– Harpe Diem (Asturias)
– Zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas
– Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense

Exposición fotográfica sobre a iconografía da gaita. Lugar: Hospital do Peregrino (25 e 26 de agosto de 11 a 22h.)

Artigos relacionados

Back to top button