CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A Biblioteca de Verín, entre as mellores de España en proxectos de animación á lectura

Instalacións da Biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.

 

Continúa sumando recoñecementos. Agora a Biblioteca Municipal de Verín vén de ser seleccionada entre os 10 mellores proxectos de animación á lectura de toda España dentro da XX Campaña ‘María Moliner’ para municipios de menos de 50.000 habitantes (que convocan o Ministerio de Cultura e Deporte e a Federación Española de Municipios e Provincias) pola súa iniciativa “Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura”.

Deste xeito, a Biblioteca verinesa recibirá 10.000 euros financiados polo Ministerio de Cultura e Deporte, que serán destinados a compra de libros e/ou publicacións periódicas.

A campaña de 2020 presentáronse un total de 562 proxectos, dos que foron seleccionados un total de 310. A comisión de selección destacou do “Proxecto de Voluntariado Cultural con rapaces para o fomento á lectura” da Biblioteca de Verín o Premio Nacional María Moliner, a «claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade». Ademais, de valorar “a orixinalidade e innovación e as actividades de integración social que contén a proposta”.

A concelleira de Cultura, Emilia Somoza, resalta o “traballo, esforzo e perseveranza do persoal que traballa na biblioteca” e incide en que volver recibir este premio “supón un gran orgullo para todos os verineses que non fai máis que reafirmar o importante labor realizado desde a Biblioteca Municipal de Verín, no que ao fomento da lectura se refire”.

 

 

Voluntariado cultural con rapaces/as s para o fomento da lectura

Trátase dun proxecto consolidado, que xurdiu fai doce anos e que converteu á biblioteca nun referente cultural na localidade, realizando un gran número de actividades variadas e de calidade grazas á colaboración de mozos voluntarios. Destaca pola súa relación transfronteiriza levando as actividades da biblioteca a aldeas próximas de Portugal e polas súas actividades interxeracionais e con colectivos en risco de exclusión social. Ao longo destes anos, foron máis de 600 actividades de fomento á lectura, onde tamén tiveron cabida, multitude de conferencias, presentacións de libros, exposicións, concursos e coma non ou servizo estrela do verán que é a Biblio-Piscina e Biblio-Rúa, servizos tamén atendidos polos Voluntarios dá Biblioteca.

 

Artigos relacionados

Back to top button