En portadaÚltima hora

A Via Nova romana, analizada nun simposio do 20 ao 21 de novembro en Bande

Contará con oito expertos neste trazado imperial e desenvolverase no Centro de Interpretación de Aquis Querquennis

Tramo restaurado da Via Nova ao seu paso polo municipio de Rubiá./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende o seu trazado, infraestruturas e miliarios, pasando pola súa vinculación con outras vías e a súa relación co campamento romano de Aquis Querquennis ata as súas mansións. O conxunto da Via XVIII ou Via Nova será analizado polo miudo nun simposio que se desenvolverá do 20 ao 21 de novembro no Centro de Interpretación-Museo Romano do Complexo Arqueolóxico de Aquis Querquennis en Portoquintela (Bande).

Baixo o título de “A Via Nova romana, XVIII do Itinerario de Antonino, entre Bracara (Braga) e Asturica (Astorga), a través de comarcas, hoxe en día portuguesas, ourensás e do Bierzo leonés”, este foro reunirá oito expertos que abordarán dende diferentes ámbitos a importancia desta autoestrada da época romana.

 

Campamento romano de Aquis Querquennis en Bande./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A  conferencia inaugural, prevista para o 20 de novembro ás 10h. correrá a cargo do profesor Antonio Rodríguez Colmenero. Entre os relatores estarán tamén o valdeorrés Santiago Ferrer Sierra, R. Álvarez Asorey, Tomás Vega Abelaira, Xosé Benito Reza ou J. Sobrado Vázquez.

O simposio incluirá, ademais das ponencias, visitas guiadas a xacementos como o campamento romano de Aquis Querquennis e percorridos a pé por puntos da Via Nova.

 

Artigos relacionados

Back to top button