Nos 514,85 km da rede de estradas do Estado en Ourense, vías convencionais e autovías, vén de poñerse en marcha o plan de vialidade invernal. Nel contarase con 20 camións quitaneves e cuns acopios iniciais de 3.294 toneladas de sal e con 70.000 litros de salmuera, que poderán ser aumentados a medida que discurra o inverno. Así se explicaba presentación desta campaña na área de conservación da A–52 da Gudiña. Este acto tiña lugar na mañá do 6 de novembro e nel participaban o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro García, o Tenente xefe accidental do Subsector de Tráfico da Garda Civil, Norberto González, e o xefe da Unidade de Estradas de Ourense, Álvaro Rodríguez.
No documento deste Plan de Vialidade Invernal especifícase cómo executar os “procedementos de actuación e coordinación necesarios para afrontar predicións meteorolóxicas adversas ante nevadas e outras situacións meteorolóxicas extremas, coa definición dos mecanismos particulares de cada fase da mesma: alerta, preemerxencia e emerxencia. Tamén se especifican os mecanismos de información, coordinación e cooperación cos órganos e autoridades da Xunta de Galicia e das distintas administracións provinciais e locais”, segundo se informa dende a Subdelegación do Goberno.
Asemade o plan recolle aqueles tramos de estradas que poden resultar máis problemáticos en caso de nevadas, así como os “postos de mando avanzados que se establecerán, os centros de conservación e explotación onde se ubican as máquinas quitaneves, as zonas para estacionamento de vehículos no caso de peche ou restricción do tráfico, e oturos equipamientos”, citando de novo á Subdelegación. Con todo isto preténdese reducir “ao mínimo o número de tramos con restriccións ao tráfico así como evitar, no posible, as retencións de vehículos ou no seu caso, minimizar a súa duración”.