En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Amarelante S. Cooperativa Galega, un exemplo de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social, en Manzaneda

A conselleira do Medio Rural visitaba as instalacións durante a súa visita ao concello

Aproveitando a visita ao concello de Manzaneda para supervisar as obras na residencia da terceira idade, na mañá do 7 de agosto a conselleira do Medio Rural Ángeles Vázquez achegábase ata a nave de Amarelante S. Cooperativa Galega, convidada polo alcalde, Félix Domínguez que lle ensinaba as instalacións, explicando o proxecto que alí se desenvolve.

Durante a visita, físxose referencia ao éxito que están tendo as bicas elaboradas coa fariña que sae desta empresa, algo polo que a conselleira amosou interese, mostrando tamén preocupación pola praga do castiñeiro e desexando éxito aos cooperativistas.

A cooperativa Amarelante nacía no ano 2013 como un proxecto de recuperación de soutos en estado de abandono para a produción de castaña de calidade que se comercializa baixo o selo de Castaña de Galicia, apostando polo medio rural como medio de vida.

O proxecto consiste principalmente na explotación de soutos para o aproveitamento comercial dos produtos agroalimentarios del derivados, principalmente castaña, a través dun modelo de xestión centrado no “aluger/cesión dos soutos de propietarios da zona, co obxecto de realizar os traballos necesarios para a súa posta en produción”, explican dende Amarelante.

Ata o ano 2015 é productora e comercilizadora de castaña fresca, a partir deste ano a cooperativa avanza un paso máis para comezar o proceso de transformación e agora produden castaña fresca de diferentes variedades galegas pero principalmente, Amarelante, de aí no nome da Cooperativa; fariña de castaña; e castaña seca.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button