OurenseÚltima hora

As accións profesionais de Termatalia 2021 promoven o termalismo como recurso para diversificar a oferta turística

Do 15 ao 17 de setembro, Expourense e o Campus Auga convocan a comunidade científica e aos profesionais do sector termal co 2º Congreso Internacional sobre Agua e Saúde e co 4º Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida, nos que 60 expertos de 10 países analizarán os desafíos do termalismo na era post Covid

 

Analizar os desafíos do termalismo na era post Covid, presentar as investigacións actuais en torno ao Termalismo e as augas mineiro-medicinais e fomentar o negocio do turismo de saúde a nivel internacional. Estes son os principais obxectivos das accións profesionais que se celebran ao redor da marca Termatalia entre o 15 e o 17 de setembro en formato híbrido entre presencial (desde Expourense) e virtual (desde calquera parte do Mundo).

2º Congreso Internacional sobre Auga e Saúde de Termatalia que se celebra de forma complementaria co 4º Simposio Internacional sobre Termalismo e Calidade de Vida organizado polo Campus Auga da Universidade de Vigo; o Workshop especializado en Turismo de Saúde e Benestar; a 18ª Cata Internacional de Augas e un seminario de formación en augas minerais. Estas son as accións presentadas esta mañá en Expourense nun acto no que participaron o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; a concelleira de Turismo e Termalismo do Concello de Ourense, Flora Moure; o técnico do GDR-12 Ribeiro-Carballiño; a vicerreitora do Campus Auga da Universidade de Vigo, Esther de Blas, e o director xerente de Expourense e director de Termatalia, Rogelio Martínez.

 

 

Na súa intervención, o delegado territorial subliñou que a Xunta traballa na reactivación conxunta do turismo termal galego como “unha proposta complementaria ideal que permite contar cunha oferta de calidade e especializada, e con gran capacidade de desestacionalización da demanda e de captación de máis segmentos de público combinada con outros produtos ou servizos”.

Gabriel Alén destacou que Galicia constitúe un enclave cun valor potencial no ámbito termal e as singulares condicións do territorio para o desenvolvemento do sector; por iso – engadiu o delegado territorial- “temos claro dende a Xunta a capacidade do termalismo como recurso para diversificar e desestacionalizar a oferta turística, ademais de contribuír ao equilibrio territorial e ao desenvolvemento rural dos territorios nos que se asentan os 21 balnearios da comunidade”.

Para o representante do Goberno galego, o termalismo encaixa perfectamente no modelo de turismo seguro, de calidade e sostible polo que aposta a Xunta a través do Plan Galicia Destino Seguro 2021 – 2023. O reforzo de Galicia como destino seguro e de calidade foi precisamente o que permitiu que a comunidade recibise en xullo un 80% máis de viaxeiros que en 2020 e que se sitúe 20 puntos por riba da media nacional en comparación con 2019.

O programa das actividades pode consultarse na páxina de Expourense.

Artigos relacionados

Back to top button