DeportesÚltima hora

Case 200 ciclistas participarán na etapa final da Transgalaica 2024 na Estación de Manzaneda

A competición arrincará o domingo 21 de abril ás 9:30 horas e desenvolverase ata as 13:30 horas, cun percorrido de 56 quilómetros

 

Os eventos deportivos de alto nivel séguense sucedendo na Estación de Montaña Manzaneda. A próxima fin de semana toma a testemuña a etapa final da Transgalaica 2024. Trátase do terceiro ano que a organización escolle a Estación de Montaña como etapa final deste clásico das bicicletas de montaña polas súas espectaculares condicións para a práctica deste deporte. Contará con case 200 participantes nas categorías Masculina Absoluta, Feminina Absoluta, Transgalaica do Futuro e Open.

A competición arrincará o domingo 21 de abril ás 9:30 horas e desenvolverase ata as 13:30 horas, cun percorrido de 56 quilómetros. Para a clasificación xeral individual puntuarán os 75 primeiros da clasificación absoluta de cada proba. A maiores establecerase unha clasificación por categorías na cal puntuarán os 25 primeiros de cada categoría. A clasificación por equipos obtense pola suma dos tres primeiros corredores de cada equipo que realizasen o percorrido completo en cada proba. Para optar á clasificación xeral final, os equipos teñen que participar en todas as probas que compoñen Transgalaica Maratón MTB Series 2024.

 

Artigos relacionados

Back to top button