En todo o seu esplendor, cos actos máis tradicionais como a noite das bandeiras ou a saída do Irrio, e a recuperación do concurso-exposición de gando bovino, regresaban este ano as festas na honra á Virxe dos Remedios en Castro Caldelas.
A celebración propiamente dita estendíase do 6 ao 10 de setembro, pero o 30 de agosto comezaba xa a novena (20h.) seguida da saída do Folión Pequeno co grupo Os Trabazos. E xa o martes 6 de setembro era a Noite das Bandeiras co acompañamento da charanga Ardores e da banda de gaitas Airiños de Caldelas.
Con todo, o día grande dos festexos en Castro Caldelas sera o mércores 7 de setembro e arrancaba con pasarrúas e concerto a cargo dunha banda de musica dos gaiteiros Airiños de Caldelas coa tradicional ofrenda á Virxe dos Remedios. Ese día a festa e a verbena estivo amenizados pola orquestra Finisterre e ás 2 da madrugada, os fogos artificiais iluminarán o ceo de Castro Caldelas.
O xoves 8 de setembro o pasarrúas e concerto correu a cargo Banda de Música de Ramirás e Os Trabazos e ás 12:30 horas tiña lugar a procesión seguida da misa. Ese día era a orquestra Player’s quen se encargaba do baile en sesión de tarde e verbena. A festa continuba o vernes 9 de setembro con pasarrúas e concerto dos Trabazos; procesión e misa cantada polo Orfeón Caldelas. Tamén houbo baile de disfraces e festa e verbena coa orquestra La Ola ADN.
Ademais, durante estes días tamén sairón o ‘Irrio Peliqueiro’ o personaxe que encarna en si mesmo toda a tradición das festas, como o elemento máis característico do folclore caldelao; e os cabezudos que vara en man axudaban ao Irrio a manter o orde. A xente aproveitou para facerse fotografías con todos eles, nuns días de auténtica celebración.
O fin de festa chegaba o 10 de setembro coa recuperación da Feira-Concurso de Gando Bovino na súa XXV edición no recinto do Toural, coa actuación dos Gaiteiros Caldelaos, exposición e premios para as razas Caldelá, Vianesa e Rubia Galega. Tamén houbo desfile de carros tradicionais con xugadas de bois polas rúas da vila e recinto feiral, ao que asistía o conselleiro do Medio Rural, José González.
Acompañado pola alcaldesa de Castro Caldelas, Sara Inés Vega, o conselleiro destacou o compromiso do Goberno galego pola conservación das razas autóctonas de Galicia e lembrou que a Consellería do Medio Rural lanza anualmente unha liña de axudas precisamente para fomentar estas razas propias. Neste senso, o departamento que dirixe José González repartiu este ano un total de 200.000 euros entre 10 asociacións de criadores da nosa comunidade, co fin de aumentar a rendibilidade das explotacións gandeiras galegas e modernizar o sector en materia de xenética, sanidade e produción animal. En concreto, outorgóuselles subvención ás asociacións de criadores das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa.
Fotos: Carlos G Hervella excepto as tres últimas da galería.
Vídeos: Carlos G. Hervella.