A partir do 26 de marzo os pacientes con diabete terán unha liña de conexión directa para aclarar calquera dúbida relacionada co manexo da súa enfermidade neste periodo de confinamento, o teléfono estará atendido pola enfermería de consultas externas e educación diabetolóxica do Servizo de Endocrinoloxía da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, segundo adiantan dende o Sergas.
O novo servizo teléfonico ten por obxectivo prestar un servizo de asesoramento aos pacientes con diabetes tipo 1 e tipo 2, as mulleres con diagnóstico de diabete xestacional, así como dar apoio aos profesionais sanitarios de atención primaria.
Este novo canle de comunicación directa entre os profesionais de enfermería do Servizo de Endocrinoloxía súmase ás numerosas iniciativas postas en marcha por parte dos distintos servizos asistenciais da área sanitaria, “para manter un contacto directo cos seus pacientes sen que teñan que saír da casa, evitando así riscos de contaxio e ofrecéndolles alternativas non presenciais”, indican dende a EOXI.
Desde o inicio do estado de alerta pola pandemia, provocada polo novo coronarivus, os profesionais de Ourense “esfórzanse por manter o contacto coa cidadanía e moi especialmente cos pacientes crónicos con consultas telefónicas en case tódolos servizos hospitalarios e de atención primaria, e tamén con téléfonos nos que aclarar calquera dúbida. Desde xinecoloxía cun punto de atención ás mulleres xestántes, pediatría na atención de crónicos, farmacia cos usuarios de medicación de dispensación farmaceútica, primaria cos seus pacientes de maior idade e crónicos, e psiquiatría de soporte emocional aos profesionais ante a pandemia”, segundo o Sergas
Por elo, moitos pacientes están a recibir estes días na súas casa ou móviles a chamada dos seus especialistas de Uroloxía, Farmacia Hospitalaria, Medicina Interna, Oncoloxía, Hematoloxía, Nefroloxía, Endocrinoloxía, Reumatoloxía, Dixestivo, Rehabilitación, Psiquiatría etc.. para pasar telefónicamente todas aquelas consultas que sexan susceptibles de adaptarse a esta vía, que se recollerán axeitadamente nas súas historias clínicas electrónicas, ao igual que está a facer desde o comenzo desta crise desde Centros de Saúde por parte dos médicos de familia, enfermeiras ou farmacéuticos de atención primaria.
“Froito da excepcionalidade da situación que vivimos, cada día xurden novas iniciativas asistenciais alternativas, co obxectivo de protexer a poboación e pacientes co criterio común de minimizar o seu desprazamento e manter un contacto cos pacientes, especialmente os crónicos”, asegura o Sergas.
Xunto a elo procedeuse a reprogramar un gran número de consultas e probas ambulatorias e cirurxías programadas, non esenciais ou demorables, pero convén lembrar a todo aquel paciente con cita para consulta, proba diagnóstica ou intervención que, si non foron chamados para reprogramala, esta mantense. Ante a dúbidapoden chamar ao teléfono central dos seu hospital de referencia en Ourense, Verín ou Barco de Valdeorras, ou ao telefono de información 900 400 116.
Desde a Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, solicitase a colaboración cidadá para respectar e cumprir as instrucións das autoridades sanitarias, manténdose na casa, evitando circular salvo para desprazamentos esenciais, reducindo así ao máximo os contactos sociais e posibilidades de contaxio.
“Cómpre unha vez máis salientar o compromiso e esforzo do conxunto de profesionais da sanidade pública da provincia de tódalas categorías, persoal de servizos xerais, celadores, administrativos, de xestión, sanitarios e facultativos e por suposto da cidadanía no cumprimento das medidas de autoprotección: extremar a hixiene de mans, limitar os contactos sociais, respectar a distancia de seguridade e evitando acudir aos centros sanitarios para temas nos esenciais ou urxentes“, sinala o Sergas.