ConcellosO BarcoQuirogaÚltima hora

Curso sobre o uso práctico do novo equipamento diruptivo das aulas CeMIT do Barco, Quiroga e Castrelo de Miño

Os participantes –a cidadanía en xeral– aprenderán como funcionan as impresoras 3D, os drons ou as lentes de realidade virtual de xullo a outubro en diferentes aulas da rede galega

Aula Cemit de Quiroga./ Foto cedida.

 

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia organizan nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro unha formación en equipamento disruptivo na Rede CeMIT, é dicir, unha serie de obradoiros para formar á cidadanía no uso de equipamento innovador co que se ten dotado á Rede CeMIT.

Esta actuación enmárcanse no convenio de colaboración asinado entre o CPEIG e a Axencia autonómica este ano no marco do “Plan de Reforma e Ampliación da Rede de aulas CeMIT (2022-2025)” para mellorar os servizos de capacitación e formación dixital dos centros CeMIT e adaptarse ás novas demandas da cidadanía.

Organizaranse 18 obradoiros presenciais, de catro horas cada un, nas aulas CeMIT de diversos concellos das catro provincias galegas (en Pontevedra o mércores-12 de 10 a 14 horas), ademais de en Valga, Oroso, O Barco de Valdeorras, Vigo, Ponteareas, A Estrada, Betanzos, Guitiriz, Cuntis, Quiroga, Castrelo de Miño, Moaña, Vimianzo, Boiro, Ribeira, Celanova e San Sadurniño. A inscrición pode realizarse a través da web da Rede CeMIT ou poñéndose en contacto directamente coa aula.

No caso do Barco o curso impartirase o 31 de xullo, de 10h. a 14h., e a inscrición pode realizarse en https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42719

No referente a Quiroga a formación está prevista para o 7 de setembro de 16h. a 20h. e os interesados poden anotarse en https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42736, mentres que en Castrelo de Miño será o 12 de setembro de 10h. a 14h. e as inscricións poden facerse en https://cemit.xunta.gal/gl/formacion/formacion-presencial/42724

A iniciativa ten como finalidade impartir cursos formativos para un uso práctico do novo equipamento disruptivo dispoñible na Rede de aulas CeMIT. Explicarase o funcionamento e usos das impresoras 3D, drons, lentes de realidade virtual, e kits de programación e comunicación como Arduino e Raspberry Pi.

Cada sesión irá acompañada de pílulas informativas de cada elemento, sintetizando os seus aspectos técnicos e principais posibilidades, así como diversos recursos para a súa aprendizaxe de xeito que os usuarios e usuarias poidan inspirarse e interactuar cos diversos sistemas cunha finalidade ocio-educativa.

A actividade está dirixida á cidadanía en xeral que non precisará contar con coñecemento previo, aínda que si con competencias básicas no uso da TIC.

Artigos relacionados

Back to top button