PolíticaÚltima hora

María G. Albert, alcaldesa da Rúa: “Pensamos que pode funcionar moi ben o cambio do festivo local”

No Pleno de setembro aprobábase o Martes de Entroido como un dos festivos locais en lugar do das Festas de Verán

 

Un dos puntos da orde do día do Pleno ordinario celebrado este luns no Concello da Rúa, era a aprobación dos festivos locais para o 2024 no que se decidía cos votos en contra do PP, cambiar o das Festas de Verán. “Tiñamos moitas ganas de cambialo e xa plantexamos hai oito anos a posibilidade de levar un dos festivos ao Entroido. Nese momento pensamos no venres pola Cea de Comadres que leva anos funcionando moi ben na Rúa, unha noite que está indo máis e para reforzala. Finalmente o grupo de goberno optou por propoñer o Martes que foi o que se aprobou o luns, co mesmo obxectivo, darlle un maior pulo ao Entroido na Rúa”, explica a alcaldesa María G. Albert asegurando que “é un bo acordo do grupo de goberno tamén porque o das Festas de Verán é un festivo perdido para unha importante parte activa (a fábrica, os colexios, o sector da lousa) que paran no mes de agosto polo que a efectos prácticos, perden un festivo local porque xa están de vacacións. E quen si podería aproveitalo como é a poboación vinculada ao sector servizos (hostalaría, comercio,..) a maioría non pode desfrutalo porque é cando máis afluencia de público hai e perden moito traballo se pechan e se non perden descanso que é o obxectivo do festivo local. Parécenos o ano apropiado para intentalo e pensamos que pode funcionar moi ben o cambio”.

Con respecto ao punto das vivendas, dende o Concello aseguran ter “unha vocación social e cremos que neste mandato ten que haber unha parte importante de todo o que ten que ver coa atención social e coa mellora das condicións socioeconómicas da xente da Rúa. A intención é facer moitas cousas neste ámbito e un dos principais é o acceso a vivenda en alugueiro”, en palabras da alcaldesa.

Albert asegura que na Rúa “temos un problema importante, con moita vivenda valeira pero moi pouco en alugueiro, cunha gran dificultade á hora de acceder ao aluguer para que a xente máis nova se poida emancipar a unha idade razonable, que as familias novas teñan acceso a vivenda nunhas condicións económicas razonables,…” polo que a intención do equipo de goberno é contar cunha bolsa de vivendas para poñer a disposición da cidadanía. “A día de hoxe temos dúas, desafectadas xa oito anos, das que podemos dispoñer. Paralelamente estamos traballando na ordenanda para poder regular o acceso a esas vivendas que esperamos que poida vir ao pleno de novembro. É unha demanda social importantísima e o Concello ten unha responsabilidade a este nivel que temos que asumir”, di a rexedora, adiantando que iniciaron “o proceso de desafectación de 4 vivendas no Grupo Escolar e outras 12 nas antigas vivenda do MOPU, un proceso que levará un temp”.

 

Artigos relacionados

Back to top button