En portadaÚltima horaVídeos

O CD Viana golea ao CD La Purísima e consegue o ascenso diante dunha entregada afección

Co 5-0 remataba o partido disputado na tarde deste domingo 5 de maio no campo das Carrelas

 

Agora si. A falta dun partido para que remate a liga o CD Viana vén de proclamarse campión de liga logrando o ansiado ascenso a primeira Galicia.

Facíao na tarde deste domingo 5 de maio no campo das Carrelas, diante dunha entregada afección que animaba o partido disputado contra La Purísima que se resolvía cun contundente 5-0.

 

 

 

Foi un partido intenso e moi dinámico que os locais dominaban con boas xogadas e grandes oportunidades, aínda que os ourensáns facíanlle fronte con grandes paradas do gardameta visitante que impedía unha maior goleada por parte dos celestes.

 

 

O primeiro gol dos de Julio Couso chegaba no minuto 21 grazas a Héctor e tras varias tentativas, no 40′ Iván poñía o 2-0. Tralo paso polo vestiario e xa ao berro de “campións” dende as bancadas, chegaban os outros tres goles: Pablo marcaba no 58′ e Xurxo facía dobrete marcando no 85′ e no 88′.

 

 

Con este resultado o CD Viana poñíase máis líder que nunca, sumando 68 puntos, a sete do segundo clasificado o CD Córgomo Vilamartín que perdía 2-1 no campo do Rocas.

A seguinte e última cita da tempada para os vianeses será no campo do CD Raio Alaricano.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button