Máis de 200 persoas entre profesores de universidade, alumnos e profesionais e emprendedores se daban cita no 2º Foro da Comunicación de Galicia celebrado o 20 de novembro en Expourense, unha xornada que xirou sobre tres eixes fundamentais: reivindicar a comunicación elaborada por profesionais como ferramenta diferenciadora, analizar os novos perfís laborais xurdidos da irrupción das redes sociais e a avaliar a calidade da información nun contexto de crise.
Ao longo da xornada, máis de 20 relatores explicaron os conceptos básicos para enteder a comunicación na actualidade que xa non é un proceso liñal, senón circular onde o cliente final se converte en prescriptor da información que recibe, da tendencia de contar historias para chegar ao cliente a través do afecto, ou da narración multiplataforma, deixando a comunicación nas mans dos usuarios/ público buscando, máis que clientes, cómplices.
Contando co patrocinio da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia, o 2º Foro da Comunicación presentou ademais casos de éxito e demostrou que se trata dun eido onde ten cabida o emprendemento e, ademais, analizou o novo perfil do xornalista que se converte en traballador multimedia que escribe, fotografía, publica e postea e que ten por diante o difícil reto de captar a atención dun consumidor que está saturado de información.
No foro analizáronse asemade temas de actualidade como a mesa de debate sobre a igualdade de xéneros nos medios, a análise da situación dos profesionais no ámbito da comunicación institucional e as funcións dos titulados en CC, así como o tema do uso do galego na comunicación.