SanidadeÚltima hora

Os hospitais da provincia completan a renovación do total das lámpadas cirúrxicas

O equipo do Servizo de Electromedicina da área sanitaria instalou vinte lámpadas no Hospital Universitario de Ourense, dous no Hospital Público de Verín e catro no de Valdeorras

 

O Servizo de Electromedicina da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras vén de completar o proceso de instalación dos novos equipos de iluminación para todos os quirófanos das súas áreas cirúrxicas nos seus tres hospitais e que veñen a substituir ás ata os de agora instalados de iluminación halóxena e que contaban con máis de quince anos de antigüedade.

A Xunta de Galicia investiu un total de 589.875 euros neste novo equipamento composto por 26 lámpadas cirúrxicas de última xeración, con tecnoloxía led e que incorporan un sistema de control de sombra. Vinte delas colocáronse no Hospital Universitario de Ourense, dous no Hospital Púlico de Verín e catro no Hospital Público de Valdeorras. Dez deses equipos integran cámara de vídeo de alta definición wifi para a retransmisión de imaxes, ademais de monitores de 31 polgadas de grao médico.

As novas lámpadas, están baseadas en diodos LED de baixo consumo, posibilitando unha mellor iluminación dos quirófanos e tamén un aproveitamento máis eficiente da enerxía eléctrica. Así, a adquisición deste novo equipamento inscríbese na estratexia do Servizo Galego de Saúde que ten por obxecto favorecer un uso máis racional da enerxía e contribuír á sustentabilidade do sistema sanitario.
Ademais do deseño —contan cun brazo par a lámpada principal e outro para a satélite—, permiten regular a intensidade da luz e a cor en doce fases, teñen seis eixos de angulación, permiten un radio de luz de ata 360 graos de rotación e unha das súas vantaxes é que non emiten calor cara ao campo cirúrxico.

Ademais tampoco emiten ningún tipo de radiación, nin ultravioleta nin infravermella, evitando as molestias ao equipo de cirurxáns e permitindo unha perfecta iluminación de campo cirurxico sen xeración de sombras o que reduce a súa fatiga visual. Calcúlase que a súa vida útil superará as 60.000 horas e, a pesar da alta intensidade de iluminación, son de baixo consumo.

Artigos relacionados

Back to top button