EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os máis expertos elixen os mellores viños de Galicia na cata final para a Guía Paadín 2024

 

As instalacións de Horta Daterra do País, antigo serradoiro na Ponte Baxoi Miño (A Coruña), eran neste 28 de novembro escenario dunha cata única en Galicia cunha selección de 30 viños premiados como Gran Ouro en edicións anteriores da Guía Paadín.

Para esta cata especial, contábase con algúns dos técnicos de maior prestixio das DOPs de España: Rioxa, Ribeira del Duero, Bierzo e León; así como os das 5 denominacións de orixe de Galicia: Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras. Xunto coa dirección da Guía, ratificaron cales son os Mellores viños de Galicia da Guía Paadín 2024.

Con esta recata dos Grandes Ouros entre os que se atopaban algúns dos viños de máis alta gama de viticultores e adegueiros de gran proxección internacional como Rafael Palacios, O Luar do Sil, Luis Anxo Rodríguez, Xurxo Alba, Emilio Rojo, José Luis Mateo, Forjas do Salnés, Guímaro ou Do Ferreiro, púxose de manifesto o altísimo nivel de calidade dos viños galegos.

Panel de catadores:
Agustín Lago – Director técnico da D.O. Rías Baixas
Alberto Tobes – Director técnico de Viticultura e Enoloxía da D.O. Ribera del Duero
Alejandro Paadín – Editor da Guía de Vinos, Destilados y Bodegas de Galicia
Ana Belén López – Técnica da D.O. Ribeira Sacra
Carmen Gómez – Directora técnica da D.O. Bierzo
Javier Facal – Director de Catas da Guía Paadín
Jorge Mazaira – Director técnico da D.O. Valdeorras
Luis Miguel López – Director técnico da D.O. Monterrei
Luis Paadín – Director da Guía Paadín
María Graña – Tecnóloga investigadora de la EVEGA (en representación la D.O. Ribeiro)
Pablo Franco – Director técnico da D.O.Ca. Rioja
Rafael Blanco – Presidente da D.O. León

Este evento, polos viños, os catadores e o momento doce de recoñecemento mundial dos viños de Galicia, converteron por un día á Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo na capital do viño.

Con esta Cata Final para a “Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2024” danse por terminadas practicamente as catas; para esta edición, nas catas previas, participaron preto dos 1.000 viños e uns 50 catadores procedentes de toda Galicia, así como técnicos doutras DD.OO. máis aló do ámbito galego.

“Para a Guía Paadín participan adegas de longa e contrastada traxectoria e con viños de gran prestixio que non participan en ningunha outra guía ou concurso; e alén da copa moitos dos catadores participantes nesta Guía, aínda non sendo mediáticos, son algúns dos máis expertos coñecedores”, din os responsables desta obra.

Da Guía publícanse 1.500/2.000 exemplares todos os anos, xa van pola XIV edición, este próximo ano haberá unha edición a maiores de 1.500 exemplares en inglés e segue sendo a única Guía de viños sen publicidade.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button