CulturaCulturaÚltima hora

Preséntanse as actas do V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego

O congreso xirou en torno á figura do afiador e incluíu a visita á Casa das Rodas en San Xoán de Rio
Xosé Manuel Cid, Florencio de Arboiro, Manuel Baltar e Mariló Fernández, na presentación das actas.
Xosé Manuel Cid, Florencio de Arboiro, Manuel Baltar e Mariló Fernández, na presentación das actas.

Froito da colaboración entre o Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” da Deputación de Ourense e a Facultade de Ciencias da Educación do Campus de Ourense, dende o ano 2003 lévanse celebrado cinco congresos sobre o patrimonio etnográfico galego. O último organizado en colaboración coa Asociación Cultural Ben-Cho-Shey, desenvolvíase entre os días 9 e 13 de outubro de 2014.

Ese congreso tivo como tema principal de estudo o afiador, o mundo do afiado, a súa musealización e a preservación e posta en valor do patrimonio a través do sistema educativo. Este evento cultural contou coa participación de relatores de toda Galicia, Albacete, Francia, Italia, Portugal e Venezuela dos campos da etnografía, a museoloxía, a pedagoxía, a filoloxía, así como as experiencias de vellos profesionais, hoxe xa retirados do oficio.

Máis dun ano despois, na mañá do 4 de abril de 2016, presentábanse as actas dese V Congreso de Patrimonio Etnográfico Galego (II Internacional), baixo o título “O afiado e outras técnicas artesanais de comunidades rurais”. O acto tiña lugar no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” e contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; da directora do Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo” da Deputación de Ourense, Mariló Fernández Senra; do vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Vigo no Campus de Ourense, Xosé Manuel Cid Fernández; e do presidente da Asociación Cultural BEN-CHO-SEY, e responsable da Casa das Rodas, Florencio de Arboiro.

Artigos relacionados

Back to top button