ConcellosO BarcoÚltima hora

Preséntase no Barco a reedición feita por Galaxia dos poemarios de Florencio Delgado Gurriarán

'Bebedeira', 'Galicia infinda' e 'O soño do guieiro' serán publicadas na colección Letras Galegas Clásicos

 

Despois de moitos anos de loita, neste 2022 celébrase por fin o Ano das Letras de Florencio. O acto central do Día das Letras Galegas adicadas ao poeta valdeorrés republicano, Florencio Delgado Gurriarán será o 17 de maio na aldea que o vou nacer, Córgomo (Vilamartín de Valdeorras), pero ao longo do ano iranse celebrando doferentes actividades en torno á súa figura e obra.

A primeira era unha ruta histórica guiada por Córgomo á que asistía numeroso público, despois chegaba o acto de presentación das Letras Galegas 2022 na Coruña por parte da Real Academia Galega (RAG) e agora a presentación da reedición que a editorial Galaxia fixo dos poemarios do poeta.

 

Portada de ‘Bebedeira’.

 

Así, na tarde deste xoves 17 de febreiro, o salon de actos do edificio multiusos do Barco de Valdeorras, acollía a presentación oficial da reedición de Bebedeira, Galicia infinda e O soño do guieiro. “Este ano, Galicia réndelle homenaxe a Florencio Delgado Gurriarán e nós contribuímos nesta causa incluíndo, nas nosas novidades editoriais do primeiro trimestre, os seus tres poemarios”, aseguran dende Galaxia, adiantando que ao mesmo tempo, publicarán o libro Florencio Delgado Gurriarán: vida, obra e antoloxía, de Xesús Alonso Montero e “Vida e obra dun poeta valdeorrés, republicano e galeguista”, de Ricardo Gurriarán, publicado oricinalmente en 1999 e agora recuperado por Galaxia.

As obras asinadas polo homenaxeado, que serán publicadas na colección Letras Galegas Clásicos, son reeimpresións que a editorial rescata para poñer en valor o seu legado. Bebedeira, que foi publicada en 1934 pola Editorial Nós, consta de 32 poemas, dos que algúns deles xa viran a luz en revistas e xornais, onde a natureza adquire características de personaxe central, en poesías totalmente sensoriais e evocadoras da cosmogonía valdeorresa. Este poemario constitúese como o máis importante do hilozoísmo galego.

 

Portada de ‘Galicia Infinda’.

 

Galicia infinda é unha colleita de poemas a través de vinte anos de traballo de Florencio Delgado Gurriarán, onde as tres primeiras partes recordan o estilo animista de Bebedeira. Nesta obra xa se comeza a apreciar, nas últimas partes, mostras de poesía civil e temática galega. A súa influencia mexicana tamén é notable, con novas poesías cun ton distinto e con trazos da cultura mexicana e da música do país.

En O soño do guieiro, recóllense, nun homenaxe ao seu amigo e compañeiro político, Castelao, poemas de corte social e reivindicativo, publicados durante a República, a guerra e o exilio.

 

Portada de ‘O soño do aguieiro’.

 

O acto, ao que non podía asistir o director da editorial Francisco Castro, contou coa presenza do alcalde do Barco, Alfredo García; da directora do proxecto As Letras de Florencio, Débora Álvarez; de Elva Delgado familiar do homenaxeado; e de Ricardo Gurrriarán autor da biografía de Florencio que deu unhas pincelas sobre a vida do autor, membro moi activo do Partido Galeguista de Valdeorras, chegou a México tras lograr escapar a través de Francia  no ano 1939.

Artigos relacionados

Back to top button