Vén de rematar o proceso de renovación de nove ecógrafos nas áreas de xinecoloxía e obstetricia dos tres hospitais públicos da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras cun investimento total que ascende aos 600.000 euros. En concreto, o Hospital Universitario de Ourense renova sete dos seus equipos, un o Hospital Público de Verín e outro o Hospital Público de Valdeorras o que redundará nunhamellor capacidade diagnóstica e unha importante mellora asistencial para as pacientes.
“Os novos ecógrafos xa instalados permiten xestionar dos casos máis rutineiros aos máis complexos obtendo imaxes de gran precisión, reducindo a pulsación de teclas e aumentando a eficiencia do fluxo de traballo grazas ao funcionamento con pantalla táctil. Os estudos morfolóxicos fetais mediante a ecografía, que se realiza de xeito programado nas semanas 12, 20 e 35 da xestación, son técnicas de enorme complexidade que requiren dun estudo completo da anatomía fetal que é realizado por xinecólogos altamente especializados. Na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras realízanse anualmente ao redor de 5.000 estudos ecográficos obstétricos e preto de 6.000 ecografías xinecolóxicas nas que se inclúen tamén as probas de amniocentesis e as biopsias diagnósticas”, segundo informa o Sergas.
Os sete novos equipos do Hospital Universitario de Ourense xa están en funcionamento na consulta de diagnóstico prenatal, na sala de ecografía xinecolóxica programada, na sala de ecografía do terceiro trimestre, na consulta de reprodución, na consulta de chan pélvico, na consultade patoloxía endometrial e na sala das Urxencias xinecolóxicas.
A renovación desta tecnoloxía punteira “permitiu redistribuír os recursos no resto das salas da área e cómpre subliñar que na actualidade todas as consultas do servizo de Xinecoloxía e Obstetricia contan co soporte dun ecógrafo para o diagnósticos por imaxe. Xinecoloxía e obstetricia son as dúas disciplinas dunha única especialidade médica. Obstetriciafai referencia á atención á muller durante o período de embarazo, parto e puerperio. No caso damuller embarazada, os exames de ultrasóns son realizados para detectar os casos de maior risco de problemas maternos ou fetais. Ademais, teñen como obxectivo máis específico obter unha apreciación das características e conformación xeral do bebé”, indica Sanidade.
Os médicos recomendan a realización de entre tres e catro ecografías ou ultrasóns para ver a evolución do bebé nas diferentes etapas da súa xestación nun embarazo normal. Por outra banda, a xinecoloxía é unha das especialidades médicas máis demandadas. A ecografía é unha proba complementaria básica polo seu carácter non invasivo, indoloro e inocuo.
Renovación de ecógrafos xinecolóxicos nos hospitais galegos
Nos hospitais do Sergas traballan máis de 260 facultativos en obstetricia e xinecoloxía, cunha poboación de referencia de máis de 1.150.000 mulleres maiores de 14 años. Neles realízanse, anualmente, máis de 104.000 consultas primeiras; máis de 290.000 consultas sucesivas; máis de 16.000 cirurxías; e máis de 13.000 partos (entre partos vaxinais y cesáreas).
Na práctica totalidade das atencións a ecografía é fundamental. Nestes momentos estase a instalar un total de 58 novos equipos de ecografía nos servizos de xinecoloxía e obstetricia das sete áreas sanitarias galegas. O Servizo Galego de Saúde formalizou enxuño por un importe total de 4,1 millóns de euros os contratos coas empresas adxudicatarias da licitación deste material autorizada polo Consello da Xunta en decembro do pasado ano. As contratacións realizadas teñen achegado novo equipamento de ecografía á totalidade dos hospitais da rede pública galega, incluíndo os sete hospitais comarcais, que teñen recibido todos eles cando menos un novo ecógrafo.
Estes contratos forman parte do proceso de renovación do equipamento sanitario emprendidonesta lexislatura e ao que a Xunta de Galicia está destinando boa parte dos fondos europeos que recibe. Así, o equipamento obxecto destes expedientes de contratación é susceptible definanciamento ao 100% no marco do Eixo REACT-UE do Programa Operativo FEDER Galicia2014-2020, como parte da resposta da Unión Europea á pandemia do Covid-19.
En particular, no caso da tecnoloxía de ecografía para imaxe diagnóstica, este investimentoúnese á renovación de máis de 60 ecógrafos levado a cabo pola Xunta de Galicia en 2022 mediante un investimento de 5,3 millóns de euros e que permitiu incorporar 48 novos ecógrafosnos servizos de radiodiagnóstico dos hospitais públicos galegos e destinar outros 16 ecógrafos,na súa meirande parte, aos servizos de urxencias. Este novo contrato eleva por tanto a 9,4millóns de euros o importe investido nos procesos de renovación desta tecnoloxía e a 152 ototal de novos equipos de ecografía incorporados á rede hospitalaria pública galega.Renovación de tecnoloxía diagnóstica en Ourense.
Tamén a finais do pasado ano foron instalados outros nove novos equipos de ecografía nos treshospitais da Área Sanitaria, cun investimento de máis de 900.000 euros para a renovación emellora do diagnóstico por imaxe, un deles para o servizo de urxencias do CHUO, e outros oitonas distintas áreas funcionais do Servizo de Radioloxía e Radiodiagnóstico do Hospital Universitario de Ourense, un servizo central de referencia moi especializado, que cobre desde as necesidades diagnósticas do sistema músculo esquelético ou vascular, da mama ou abdome.