En portadaÚltima hora

14 de setembro, data recomendada para o inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra

Dende o 22 de agosto algunhas adegas realizan traballos puntuais de vendima e onte hai 16 adegas recollendo uva

Foto: D.O. Ribeira Sacra.

 

O pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra reuníase a última hora do 31 de agosto para decidir a data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe. Para iso téñense en conta os datos dos controis de maduración, que técnicas do Consello Regulador realizaron en parcelas representativas das cinco subzonas da D.O. (Amandi, Chantada, Ribeiras do Sil, Ribeiras do Miño e Quiroga-Bibei) e con todas as variedades de uva acollidas á mesma.

Vedores contratados especialmente para a vendima polo Consello Regulador realizan controis de produción en todos os viñedos acollidos á Denominación de Orixe, para corroborar que a produción real corresponda coa que cada viticultor ten asignada na súa carta de produción. A maiores, persoal do SEAGA contratado a través do AGACAL realiza controis tanto en adegas como en viñedos. Así mesmo o Consello Regulador coordina cos corpos e forzas de seguridade do Estado a prevención de entrada de uva foránea para garantir a procedencia das uvas que entran nas adegas acollidas á Denominación de Orixe, tal e como se informa dende este organismo.

O pleno acordaba, como data oficial para esta campaña, a do 14 de setembro, prolongándose previsiblemente a recollida da uva ata outubro. O pasado ano a data oficial foi o 15 de setembro e finalizaba a vendima despois de 47 días de recollida nos que se alcanzaron os 6.092.707 quilos.

Desde o pasado día 22 de agosto algunhas adegas realizan traballos puntuais de vendima, día de onte hai 16 adegas realizado tarefas de vendima, tendo recolleitos ata o momento máis de 221.000 quilos de uva, principalmente Godello con 103.850 quilos. Son os seguintes:

• Mencía, 66.826 kilos
• Albariño, 23.875 kilos
• Treixadura, 14.153 kilos
• Merenzao, 8.477 kilos
• Brancellao, 2.350 kilos
• Blanco Legítimo, 744 kilos
• Garnacha, 719 kilos
• Caíno, 100 kilos
• Tempranillo, 50 kilos

Durante os próximos días, viticultores e adegueiros, estarán pendentes da climatoloxía para decidir como planean a súa vendima.

Artigos relacionados

Back to top button