Sen categorizar

A Declaración foi lida nun acto diante da fonte das Burgas
Reunión de Partenalia, hoxe, debatendo sobre a Declaración de Ourense.

O presidente da Deputación de Ourense e vicepresidente de Partenalia, Manuel Baltar, participou no Xardín das Burgas, xunto co presidente de Partenalia, Javier Moliner; o presidente da American Sustainable Busines Council, David Levine, presidente da American Sustainable Business Council, e outros representantes institucionais, no acto de lectura da “Declaración de Ourense 2020”, o documento que recolle as conclusións do Encontro político de Partenalia, celebrado estes días en Ourense, co obxectivo de debater sobre políticas medioambientais e transparencia.

Baltar expresou o agradecemento pola presenza dos líderes provinciais de Partenalia en Ourense “ao longo destas dúas xornada nas que analizamos importantes aspectos para as boas prácticas na gobernanza e a xestión pública nos ámbitos do medio ambiente e da transparencia, cumio no que seguimos fortalecendo ese traballo en rede a prol dos territorios provinciais de Europa”.

Baltar lembrou que a vindeira conferencia de presidentes de gobernos provinciais –un evento que tivo a súa orixe en Ourense en 2014- celebrarase en Segovia no mes de outubro, e destacou precisamente o compromiso asumido unanimemente hoxe polos territorios provinciais enmarcados en Partenalia “na súa defensa das políticas medioambientais e sustentables”, un compromiso que recolle a Declaración de Ourense, “unha provincia que é auga, unha provincia termal”.

Javier Moliner deu lectura á dita Declaración de Ourense 2020: un pacto interprovincial pola sustentabilidade, que ten como obxectivo ser o marco de referencia de Partenalia, avogando pola sustentabilidade, a transparencia na xestión pública e a loita contra o cambio climático.

O documento recolle os seguintes 10 compromisos: fortalecer os mecanismos institucionais, xurídicos e financeiros adecuados para lograr un crecemento intelixente, sostible e integrador dos nosos territorios; promover un enfoque dinámico, interactivo e multisectorial da xestión dos recursos públicos abarcando consideracións políticas, económicas, sociais, tecnolóxicas, ecolóxicas e legais e o uso de enerxías limpas e renovables, así como mellorar a eficiencia na xestión e a súa sustentabilidade a longo prazo, logrando así a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro.

Taméin inclúe o compromiso de integrar medidas de protección e conservación dos recursos hídricos garantindo o acceso e subministro de calidade para os nosos cidadáns. Mellorar e soster a eficiencia no aproveitamento dos recursos a través de novos modelos de produción e xestión centrados na economía circular; converter os riscos e ameazas derivados do cambio climático en oportunidades de crecemento verde e impulsar iniciativas de normalización do “goberno aberto”, centradas na transparencia da xestión política, a participación dos cidadáns na xestión pública e a rendición de contas.

Publicar de forma aberta todos os datos referentes ás políticas medioambientais, de maneira que poidan ser reutilizables pola sociedade para xerar riqueza e Crear as ferramentas e mecanismos necesarios para que os cidadáns participen coas súas ideas e propostas na toma de decisións, xerando impactos positivos na comunidade local; así como o empoderamento dos colectivos sociais máis vulnerables, para lograr comunidades libres, inclusivas, cohesionadas e equitativas.

Con esta acto remata o Encontro político de Partenalia, que analizou durante dúas xornadas en Ourense estratexias de cooperación das provincias da Unión Europea en materia de transparencia e xestión pública sustentable. O cumio político reuniu aos representantes institucionais das provincias e a expertos en materia de medio ambiente e transparencia como Robert F. Kennedy, presidente de Waterkeeper Alliance; David Levine, presidente da ASBC e Juan Manuel Roa, presidente de Transparencia Pública.

Javier Moliner, presidente de Partenalia, lendo a Declaración de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button