OurenseÚltima hora

A comunidade da Residencia de maiores San Carlos, “XXXVII Premio Celanova-Casa dos Poetas”

Un ano máis Celanova lembraba aos  seus ilustres escritores co acto de entreta do XXXVII Premio Celanova-Casa dos Poetas” esta mañá. Os actos programados para este domingo comezaron cunha recepción na Praza Maior do premiado, unha representación da comunidade da Residencia de Terceira Idade “San Carlos” de Celanova (Sonia Opazo en representación das traballadoras e Aurora Esperanza en representación dos residentes), así como dos convidados entre os que estiveron o presidente do Parlamento de Galicia, o secretario xeral de Cultura, o vicepresidente da Deputación de Ourense, o subdelegado do Goberno en Ourensa, a xicerreitora da Universidade de Vigo, membros da Fundación Curros Enríquez, concelleiros de Celanova así como numerosos persoeiros vinculados ao mundo da cultura.

Logo da recepción, con actuacións da Asociación Cultural Banda de Gaitas de Celanova, os asistentes dirixíronse ata o busto de Celso Emilio Ferreiro, obra de Acisclo Manzano, para realizar unha ofrenda floral e unha lembranza do poeta con motivo do seu 42 cabodano. Tras unha benvida do alcalde de Celanova e a lectura do poema “Irmaus” de Celso Emilio polo escultor Xosé Cid (premiado co “Celanova, Casa dos Poetas” en 2020) tivo lugar a colocación dun centro froral e interpretouse o Himno Antergo pola Asociación Cultural Banda de Gaitas de Celanova.

 

 

A seguinte parte do acto desenvolvíase no claustro barroc,o onde arredor das 12horas se procedía á entrega do premio. O condutor do acto foi Felipe Ferreiro, patrón da Fundación Curros Enríquez, que deu paso á apertura do acto por parte Antonio Puga Rodríguez, presidente da Fundación Curros Enríquez, e á lectura da concesión do premio por parte do secretario desta Fundación, Antonio Piñeiro.

Como ven sendo habitual entregouse a unha representación das traballadoras e dos residentes da Residencia “San Carlos” unha medalla de prata, coa imaxe da fachada da casa e as letras “C” (Celanova, Casa, Celso, Curros e Castor, de Castor Elices) da autoría de Acisclo Manzano e un gravado realizado por Baldo Ramos que recolle un extracto da acta do premio, e despois de asinar no libro de honra da Fundación, realizouse unha emotiva proxección dun audiovisual. Tras as palabras de agradecemento a cargo de Sonia Opazo Pungín, en representación da residencia, interviron o vicepresidente da Deputación de Ourense, do secretario xeral de Cultura e do presidente do Parlamento de Galicia, que foi quen realizaba a clausura do acto, amenizado con actuacións de Vanesa Muela.

Fotos cedidas pola Fundación Curros Enríquez.

Artigos relacionados

Back to top button