En portadaÚltima hora

A Dirección Xeral de Tráfico desenvolve esta semana unha campaña especial de vixilancia do transporte escolar na provincia

Nela controlarase especialmente que se circule á velocidade permitida e que non se faga uso do teléfono móbil

 

O subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González, desprazouse ata o CPI Antonio Faílde para presentar a campaña especial de control e vixilancia sobre o transporte escolar, que se desenvolve durante esta semana, ata o venres 26 de maio.

O subdelegado destacou a importancia da campaña especialmente en esa zona cercana ao centro escolar Antonio Faílde de Cambeo -Coles- punto kilométrico 248 da N 525) dado que é “un punto delicado”. González destacou a mellora da siniestralidade na zona desde a colocación do radar de tramo deixando de ser a zona máis conflictiva en canto a siniestralidad vial na provincia de Ourense. Así mesmo o subdelegado puxo en valor o centro escolar como o centro rural con maior porcentaxe de alumnado- con máis de 400 alumnos e un número importante de autobuses de transporte escolar -11 prestan servicio en este centro.

Na presentación da campaña, o subdelegado do Goberno estivo acompañado polo xefe de Sector de Tráfico da Guardia Civil en Ourense, o tenente Javier Barja e polo xefe da Dirección Provincial da DXT, David Llorente, xunto a directora do centro, Eiro López.

Durante o desenvolvemento da campaña, a Dirección Xeral de Tráfico (DXT) coordinará aos axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil e ás policías locais de Ourense e O Barco de Valdeorras para comprobar que os autobuses escolares e os seus conductores cumplen coa normativa establecida na materia. Verificarán tamén que as condicións técnicas e os elementos de seguridade do vehículo sexan os que esixe a normativa, así como outras cuestións como os tempos de condución e descanso.

 

 

Emilio González destacou a importancia deste tipo de campañas xa que na última que se fixo na provincia, en decembro do ano pasado, controláronse 30 vehículos, dos cales foron denunciados 5, mentres que se formularon 7 denuncias. Nas máis de 400 rutas de transporte escolar da provincia.

As irregularidades administrativas son as que maior número de denuncias xeraron, 6 de cada 10. Entre as causas destas infraccións administrativas, destacan non dispor da autorización especial para realizar transporte escolar, a antigüidade máxima dos vehículos ou non ter subscrito un seguro de responsabilidade civil ilimitada, tal e como esixe a lei.

Durante esta campaña se controlará especialmente que se circula á velocidade permitida, que non se fai uso do teléfono móbil ou outros aparatos que supoñan distracción para os condutores ou condutoras. Tamén se farán controis de alcohol e drogas. Ademais se prestará especial atención ao uso do cinto naqueles autobuses escolares que o leven instalados.

Esta campaña ten unha especial transcendencia en Galicia debido á gran extensión de roteiros de transporte escolar existentes na comunidade. Galicia é a comunidade española con máis roteiros de transporte escolar, entre os públicos e os contratados en tódolos niveis educativos. Segundo os datos das autoridades educativas, en cada curso académico préstase servizo de transporte escolar a máis de 95.000 alumnas e alumnos de preto de 900 centros educativos públicos, concertados e privados de toda Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button