EconomíaEconomíaÚltima hora

O BOE publica a orde de módulos que recolle unha rebaixa mínima do 25 % no IRPF 2022 para agricultores e gandeiros

Ademais recolle unha rebaixa de entre o 30 % e o 50 % para todos os sectores gandeiros e os de cereais, leguminosas, oleaginosas, oliveiral, albaricoque, pexego, nectarina, améndoa e castaña

Souto de castiñeiros./ Foto: A.R.

 

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica hoxe a orde do Ministerio de Facenda e Función Pública pola que se reducen os Índices de Rendemento Neto aplicables en 2022 no sistema de estimación obxectiva do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), o denominado sistema de módulos, para agricultores e gandeiros. Esta orde recolle a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA) de minoración dos devanditos índices e ten en conta a incidencia da seca e outras circunstancias excepcionais que afectaron á rendibilidade de moitas explotacións agrícolas e gandeiras durante 2022, como a guerra en Ucraína, que causou un encarecemento dos custos de produción.

A orde establece unha redución xeral do rendemento neto do 25 % que poderán aplicarse os ao redor de 800.000 agricultores e gandeiros que tributan polo sistema de módulos. Determinados sectores en situación máis vulnerable benefícianse ademais de reducións específicas, que son do 50 % no caso do oliveiral, o almendro e a apicultura, e do 30 % para cereais, oleaginosas e leguminosas, castiñeiro, pexego, nectarina, albaricoque e os demais sectores gandeiros.

Estímase que o conxunto das reducións contempladas na orde publicada hoxe supón unha rebaixa da base impoñible da orde de 1.807 millóns de euros, e é a de maior alcance da última década. A orde permite tamén que os declarantes en Estimación Obxectiva agraria do IRPF poidan minorar o rendemento neto previo un 35 % por adquisición de gasóleo agrícola, e un 15 % por compra de fertilizantes, segundo o establecido na Orde HFP/1172/2022, do 29 de novembro, que desenvolve o método de estimación obxectiva do IRPF para 2023.

Ademais, mantéñense as reducións dos índices correctores que se estableceron o ano pasado por pensos adquiridos a terceiros e por cultivos en terras de regadío que utilicen enerxía eléctrica. Concretamente establécese nun 0,5 o índice aplicable ás actividades gandeiras que alimenten o gando con pensos e outros produtos adquiridos a terceiros, sempre que representen máis do 50% do importe dos produtos alimenticios consumidos, e aplícase tanto aos sectores gandeiros intensivos como a extensivos.

O índice corrector por cultivos en terras de regadío que utilicen enerxía eléctrica redúcese a 0,75 As reducións dos índices de rendemento neto establecidas para a comunidade autónoma de Galicia son as seguintes:

Sectores agrícolas:
– Cereais, leguminosas e oleaginosas de 0,26 a 0,18
– Oleaginosas de 0,32 a 0,22
– Produtos da oliveira de 0,26 a 0,13
– Albaricoque, pexego e nectarino de 0,37 a 0,26
– Améndoa de 0,26 a 0,13
– Castaña de 0,26 a 0,18 Sectores gandeiros:
– Apicultura de 0,26 a 0,13
– Bovino de leite de 0,20 a 0,14
– Bovino de carne de 0,13 a 0,09
– Bovino de cría de 0,26 a 0,18
– Ovino e caprino de carne de 0,13 a 0,09
– Ovino e caprino de leite de 0,26 a 0,18
– Porcino de carne ou de 0,13 a 0,09
– Porcino de cría de 0,26 a 0,18
– Avicultura, de 0,13 a 0,09
– Cunicultura de 0,13 a 0,09
– Equino de 0,32 a 0,22 Ademais, efectúanse reducións adicionais en determinadas zonas e cultivos:
– Produción apícola en 91 municipios da provincia de Ourense, cunha redución do índice superior á nacional.
– Bovino de carne en 16 municipios de Ourense cunha redución do índice do 50%, superior á nacional
– Castaña en 13 municipios, con reducións superiores á nacional: 9 en Lugo e 4 en Ourense.
– Millo forraxeiro en 18 municipios de Lugo
– Uva de vinificación con D.O. en 17 municipios: 11 de Lugo e 6 de Ourense

O conxunto de todas estas minoracións pode supoñer para Galicia unha redución da base impoñible dos declarantes no réxime de estimación obxectiva agraria duns 43,7 millóns de euros que beneficiarán a uns 48.000 agricultores e gandeiros

Artigos relacionados

Back to top button