A xornada deste mércores 17 de abril era moi especial no CEIP Plurilingüe Julio Gurrirán do Barco de Valdeorras que saía do centro escolar para celebrar o “Día da Educación Física na rúa”.
Dende as 11:30 e ata pasadas as 13:30 horas, os alumnnos do centro, distribuídos por cursos e acompañados polos profesores, desprazábanse ata as pistas municipais do Malecón para realizar diferentes e divertidas actividades deportivas, algunhas máis tradicionais e outras máis innovadoras, en base ao que practican no colexio. Circuítos de psicomotricidade, relevos, brilé, hockey, panos, pedra-papel-tesoira e animadas sesións de zumba.
Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver salvo as tres últimas da galería que son cedidas