SanidadeÚltima hora

Os nenos de infantil aprenden primeiros auxilios con “Matilda” e coa enfermería de Atención Primaria

Co novo taller compleméntase a colaboración que se vén desenvolvendo desde Atención Primaria cos colexios da provincia estendendo a atención aos máis pequenos

Cedida.

 

Profesionais de enfermería de Atención Primaria desenvolven da Área Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras, veñen de poñer en marcha un novo proxecto de atención comunitaria: “Matilde no Cole” destinado a ensinar primeiros auxilios aos nenos de 4º, 5 e 6 de educación infantil e que se acaba de estrear no CEIP Calvo Sotelo de O Carballiño.

Esta nova iniciativa enmárcase no programa de saúde comunitaria “Pupas, Sustos e Outros Desgustos”, destinado á poboación escolar de educación primaria, e ao igual que este segue as recomendacións da Organización Mundial da Saúde (coa campaña Kids Save Lifes) cara a utilidade de desenvolver accións formativas específicas para menores de 12 anos. Con “Matilda” compleméntase así a colaboración cos colexios que se vén desenvolvendo, extendendo estes talleres aos máis pequenos de infantil.

O obradoiro ten unha duración aproximada de unha hora. Nel emprégase material audiovisual de apoio, e ao rematar mídese a satisfacción e efectividade do mesmo, por medio dunha enquisa voluntaria aos profesores participantes, o que axuda a mellora continua e validación.

Previamente a celebración do taller achegase infografia específica para entregar aos pais-nais, onde se explica en que consiste e a necesidade de que o día da actividade cada neno leve unha toalla e un boneco de peluche, que será o seu “paciente crítico”.

No celebrado no CEIP Calvo Sotelo de Carballiño participaron 24 nenos e nenas de 6º de infantil, e foi impartido por unha das súas promotoras, Lucía Bruquet Costa, enfermeira especialistas de Atención Familiar e Comunitaria, formada en Ourense, onde estivo en contacto permanente con outras actuacións comunitarias, como Pupas.

Ourense referente en Atención Comunitaria

No primeiro semestre deste ano 13.097 ourensáns e ourensás de todas as idades participaron, en algunha das 594 intervencións de saúde comunitaria, organizadas polo persoal de enfermería, matronas, nutricionistas e hixienistas dentais de atención primaria, co obxectivo de mellorar e manter a saúde, fomentar a prevención da enfermidade ou empoderar aos pacientes crónicos nos seus coidados, saíndo das consultas para achegarse aos barrios, colexios, centros sociais, asociación de pacientes ou de veciños do ámbito de cada centro de saúde da provincia.

Entre as preto de corenta iniciativas desenvolvidas na Area Sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras hai desde obradoiros a medida dunha asociación de pacientes -Fibromialxia, Parkinson, Diabete ou Sintrón-; para pais e nais, de nutrición e coidados no embarazo ou postparto, a alimentación familiar ou a dos nenos con Síndrome do Espectro Autista ou recén nados; para nenos e nenas desde a etapa infantil á adolescencia, desde perder o medo ante un pequeno accidente ou emerxencia, á saúde afectiva, sexual, ou de alimentación; e tamén paseos saudables, visitas escolares aos centros de saúde ou envellecemento activo.

“Este altísimo volume de intervencións converten aos profesionais de Ourense en referentes nesta liña de traballo. As iniciativas non deixan de crecer de ano en ano, refrendadas polos resultados en saúde, e pola propia satisfacción de participar de pacientes e profesionais, que procuran o tempo para sair do centro de saúde e traballar coa comunidade -nas necesidades de saúde detectadas en consulta- nun ambiente que favorece o intercambio de coñecementos e afianza a relación profesional-paciente”, destacan dende a área sanitaria ourensá.

Artigos relacionados

Back to top button