ConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

Preséntase en Quiroga o servizo de Atención PostTempera en 8 concellos do sur de Lugo

 

Esta mañá tiña lugar en Quiroga a presentación do servizo de Atención Postemperá nun acto ao que acudían todos os representantes dos oito concellos que forman a agrupación que conforma o servizo de Atención Temperá Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón.

“Trátase dun servizo novidoso”, como remarcou o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, na presentación, “foise case dos primeiros en poñer en marcha o de Atención Temperá e agora somos os primeiros de Galicia en poñer en marcha este novo servizo”.

O Servizo de Atención Temperá (SAT) da agrupación de concellos de Quiroga, Folgoso do Courel, Ribas de Sil, Bóveda, Sober, O Saviñao, Pantón e Pobra do Brollón nace en setembro de 2020 coa finalidade de ofrecer un conxunto de intervencións dirixidas á poboación infantil de 0 a 6 anos con problemas de desenvolvemento ou en risco de padecelos a través dun equipo multidisciplinar especializado na intervención cos nenos, a súa contorna e a familia. O servizo conta con mais de 75 usuarios desde o seu inicio a día de hoxe, dos cales máis de 15 usuarios recibiron a alta por ter cumprida a idade límite para permanecer no servizo. Este servizo está subvencionado pola Xunta de Galicia con 160.000,00 euros.

Este servizo xurdía pola necesidade que presentan as familias usuarias do Sat ante a finalización do servizo por superar a idade máxima na estadía no centro e a imposibilidade de desprazarse fora dos concellos da agrupación para continuar coas intervencións. Xa que a partir dos 6 anos prodúcese o que as familias definen como “desatención” por parte do sistema público de atención primaria comunitaria aos seus fillos porque se produce unha interrupción brusca na atención socio-sanitaria aos nenos con dificultades no desenvolvemento, precisamente nun momento de máxima necesidade de atención que é o inicio da etapa escolar.

 

 

O obxectivo principal deste servizo é dar unha continuidade aos programas de atención temperá naqueles nenos que entre 6 e 12 anos que o precisen, mantendo os tratamentos dirixidos as dificultades no seu desenvolvemento, o seu crecemento e a súa socialización A experiencia acumulada no Programa de Atención Temperá permitiunos valorar a importancia de garantir a continuidade da atención e dos tratamentos que se dispensan no marco do Programa de Atención Temperá, para os nenos que, chegados aos 6 anos de idade, causan baixa no programa e necesitan seguir recibindo unha atención específica. Nas zonas rurais non contan con centros privados para seguir cos tratamentos o que ocasiona que as familias teñan que percorrer grandes distancias para que os nenos poidan recibir un tratamento adecuado ás súas dificultades, desprazamentos que repercuten negativamente na vida familiar e profesional dos pais, así como na vida social e escolar dos pequenos.

O servizo compartirá as instalación co SAT situado na Ribeira e na súa delegación do Saviñao. Contará cun equipo multidisciplinar que ofrece os servizos de:
● Logopedia
● Psicoloxía
● Fisioterapia
● Terapia ocupacional
● Pedagoxía terapéutica.

 

 

As dificultades que se atenderán son: Problemas emocionais e psicolóxicos, dificultades do vínculo e das relacións sociais., manifestacións precoces no ámbito da saúde mental infantil, problemas de fala, voz, audición, deglución, linguaxe oral e/ou escrito, problemas motores, problemas de aprendizaxe e outros vinculados ao ámbito escolar.

Para acceder o servizo o usuario deberá pertencer a un dos 8 concellos que constitúen a agrupación de concellos, ter entre 7-12 anos, ter un trastorno no desenrolo diagnosticado.

As familias cobraráselle unha cantidade para axuda do financiamento do servizo, son uns prezos públicos que están calculados en tramos dependendo da renda per capita

Enténdese como IPREM o indicador público de renda de efectos múltiples, empregado en España como referencia para a asignación de axudas, subvencións, prestacións sociais, etc. O valor do ano 2022 do IPREM é de 6948,24€ anual. A Renta per cápita familiar é o resultado de dividir os ingresos de todos os membros da unidade familiar entre o número de membros que a compoñen.

O prezo mensual que se solicita as familias é bastante inferior o que lle custaría a cada familiar levar os seus fillos a centro privados. Xa que una soa intervención de un só profesional de 45 minutos semanais custaría entre 35- 60 €, este aumentaría dependendo de a cantos profesionais teña que ir cada neno multiplicado por catro. Co noso servizo só pagaría un máximo de 60€ coa posibilidade de acceder os 5 profesionais cos que conta este servizo.

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button