SanidadeÚltima hora

A I Beca de Medicina Rural distingue a un proxecto comunitario de Xinzo

Asomega e Semg decidían outorgar unha mención honorífica ao traballo presentado por Ana Bello Souto

Cristina Margusino, ganadora da I Beca de Medicina Rural, na súa consulta. Á dereita, co resto do seu equipo./ Foto: Asomega.

 

A Asociación de Médicos Galegos (Asomega) e a Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (Semg) veñen de acordar outorgar a I Bolsa de Medicina Rural ao proxecto presentado pola doutora Cristina Margusino Framiñán, xefa de Servizo do Equipo de Atención Primaria de Xinzo de Limia (Ourense).

Tal e como informan ambas entidades, “o proxecto consiste nunha intervención comunitaria que se centra na organización de xornadas de información e coordinación entre axentes sociosanitarios (profesionais da sanidade, alcaldes, traballadores sociais, xestores, etc.) e a población da área, que engloba dez centros de saúde que atenden a 8.800 pacientes, un 35% deles maiores de 65 anos”.

A primeira destas xornadas celebrábase en Vilar de Santos en abril de 2019, baixo o título “O traballo colaborativo e interdisciplinar”. A seguinte, programada para o 14 de marzo de 2020 en Baltar, tivo que suspenderse pola pandemia pero a intención é retomar a actividade en canto sexa posible.

Despois da xornada, Cristina Margusino comentaba que manteñen unha relación próxima cos seus pacientes e familiares, cos coidadores, institucións e organizacións sociais, “polo que decidimos xuntarnos, ver os problemas e déficits que temos e como solucionalos. Na Xornada conseguimos xerar un debate entre diferentes administracións”.

O seu obxectivo prioritario é apostar pola coordinación entre institucións e niveis asistenciais, posto que, tal e como apuntan na xustificación da súa candidatura, “ante o envellecemento poboacional, illamento e os problemas que xurdan tras esta pandemia teremos que manternos unidos e con obxectivos comúns”.

Bolsa de 6.000 euros e mención de honra

A esta bolsa podía concorrer proxectos presentados por médicos de Atención Primaria en exercicio en Galicia. O seu importe, para cuxa financiamento se conta con apoio de Laboratorios Bial, ascende a 6.000 euros.

O 15 de marzo concluía o prazo de presentación de proxectos e, a partir de aí, os comités científicos da Semg e de Asomega analizaban todas as candidaturas, valorando o grao de execución dos proxectos, a viabilidade da súa formulación económica e a súa pertinencia. Ambas coincidían no seu ditame ao considerar o proxecto de Cristina Margusino como o máis sólido de os presentados.

Con todo, estimaron oportuno destacar tamén a calidade de outro deles, ao que se lle concederá diploma e mención honorífica. Trátase de unha iniciativa de educación en autocuidado para persoas con cadros de dor crónico músculoesquelético de entre 45-65 anos no ámbito rural dun Concello da provincia de Lugo. Preséntao Ana María Belo Souto, titora de residentes de Medicina Familiar e Comunitaria en Lugo.

A calidade dos traballos presentados

O presidente de Asomega, o neumólogo trivés Julio Ancochea, mostrou a súa satisfacción pola calidade dos traballos que optaban á bolsa. Na súa opinión, hai que valorar especialmente o mérito que ten abordar proxectos de investigación e innovación en contornas rurais nos que “a alta presión asistencial, a limitación de medios e as esixencias relacionadas coa pandemia intensifican as dificultades”.

Ademais, lembrou que as extraordinarias circunstancias actuales obrigan a unha mirada especial ao ámbito da Atención Primaria. Neste sentido, referíase á recente concesión do XXII Premio Nóvoa Santos de Asomega a Pilar Rodríguez Ledo, subdirectora da área Sanitaria de A Mariña, Lugo e Monforte de Lemos e responsable de formación, investigación e innovación na Semg.

Artigos relacionados

Back to top button