Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

Abertas as inscricións da Andaina e Carreira das Cidades de Vilamartín contra o Cancro de Páncreas

Poden realizars en www.carreracancerpancreas.es e o total do recaudado irá destinado a investigar esta enfermidade

Imaxe da pasada edición da Andaina./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Carrera das Cidades contra o cancro de páncreas é unha actividade solidaria que busca concienciar á sociedade da importancia deste tipo de cancro e tamén conseguir fondos para seguir investigando contra a enfermidade. Todo o recadado a través das inscricións irá integramente destinado a investigación.

Entre as probas deste tipo que se organizan en España está a Andaina e Carreira das Cidades de Vilamartín de Valdeorras que vai pola súa sexta edición, promovida por ACAPAVAL (Asociación Valdeorresa de Cancro de Páncreas). Desta volta adiántase a súa data e pasa a celebrarse o 29 de outubro. As inscricións para participar nela xa están abertas e poden realizarse  tanto online (na páxina da Federación Galega de Atletismo, accesible a través de carreracancerpancreas.es) como nos establecementos de O Barco (Bicis Chapi, Garoba e Trisport), Rubiá (Librería Teresita e Trastos) e Vilamartín (Fimar). O prezo das inscricións nesta edición é de 12€/adultos e de 6€/nenos menores de 16 anos.

“Corre! Hai moito que gañar” é o lema desta nova edición da Carreira das Cidades “porque somos moitos os que gañamos con esta carreira: pacientes que esperan avances nos tratamentos, diagnóstico e calidade de vida; os investigadores, que necesitan máis fondos para poder avanzar; os médicos, facilitar tratamentos máis eficaces; amigos e familiares, incrementar a esperanza de vida dos seus seres queridos e un longo etcétera”, din dende a organización desta iniciativa, que se celebra cada no marco da conmemoración do Día Mundial do Cancro de Páncreas (o 16 de novembro).

 

 

 

Este ano estímase que 9.280 persoas serán diagnosticadas de Cancro de Páncreas en España. Dos que máis do 90% falecerá nos próximos 5 anos, cos tratamentos que dispoñemos na actualidade. O cancro de páncreas é o único tumor maligno cuxa mortalidade aumentou nos últimos anos, en ambos os sexos e segue sendo o 9º en incidencia e a 3ª causa de morte por cancro en España.

Bolsas de investigación

Conseguir un diagnóstico precoz, así como a mellora e procura de tratamentos máis eficientes, só se pode conseguir a través da investigación. Por iso é polo que se puxeron en marcha en 2016, as bolsas que reciben o nome Carmen Delgado / Miguel Pérez–Mateo en honra aos fundadores de ACANPAN e AESPANC, falecidos por mor da enfermidade. Ata o de agora doáronse máis de 800.000 € a investigación, tanto clínica como básica. Os gañadores das bolsas son seleccionados por un comité científico especializado en cancro de páncreas.

 

Artigos relacionados

Back to top button